Nun blog todos os artigos organízanse en orde cronolóxica inversa: os contidos máis recentes figuran sempre en primeiro lugar. Sen embargo, tamén
é posible estruturar o blog tematicamente asignando unha ou varias etiquetas temáticas a cada nova ou artigo, de xeito que os lectores interesados nun tema específico poidan visualizar só os artigos dese tema premendo na etiqueta correspondente da barra lateral.