Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de enero de 2015

Seis alumnas do noso IES en InvestigArte


Por incrible que pareza, ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares, ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.
Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir -por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías- producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensacións… Á súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.
O coñecemento da anatomía humana e as proporcións foi fundamental para dar lugar a obras como o David ou a Monalisa. Imaxinar que o home podería pór o pé na lúa -dalgunha forma- foi o primeiro paso para facer que isto fose posible.
Ciencia e arte poden chegar a ter principios comúns como poden ser a proporción áurea ou a secuencia de Fibonacci.
O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas disciplinas.

Aixa, Ana López e Sira de 1º ESO C e Claudia, Julia e Ruth de 2º ESO C presentaron as súas obras neste certame que pretende espertar entre o alumnado vocacións científicas dando unha visión artística da ciencia.
No seguinte enlace podedes ver as ilustracións e votar a que máis vos guste activando o corazón baixo a imaxe, na parte esquerda.
Sorte a todas!