miércoles, 25 de marzo de 2015

Dúas alumnas premiadas e nove destacadas no II Concurso Picasso coruñés

Andrea e Nerea de 1º da ESO B resultaron galardoadas co premio á mellor ilustración no concurso de periodiquillos que convoca A Coruña por ano consecutivo e que pretende dar a coñecer entre os nosos escolares a etapa coruñesa de Picasso nos seus anos adolescentes, cando comenzou a pintar.

Para máis información pica aquí

Os traballos, realizados de xeito interdisciplinar ( linguas e plástica ) pretendían emular os periodiquillos que Picasso elaborou durante a súa estadía na cidade herculina. O xurado destacou pola súa calidade os xornais de Helena e Irene, Laura Alonso e Nerea Fernández de 1º A, Olalla de 1º B, Claudia e María González, Antía e Elda de 1º C.






No hay comentarios: