Mostrando entradas con la etiqueta ciberviolencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciberviolencia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de noviembre de 2014

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Un ano máis participamos en Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Nesta cuarta edición, a temática elixida é a Ciberviolencia de Xénero na mocidade, co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Así, o noso alumnado traballou as diferentes manifestacións desta ciberviolencia (sexting, sextorsión, ciberbullyng e grooming) con diferentes accións:
  • Relatos virtuais. Manifestacións de ciberviolencia en WhatsApp coa súa resolución. 1º da ESO con Eugenia en lingua castelá. Podedes velos aquí.
  • Expresión artística. Unha obra por cada 1º da ESO expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro con Almudena en plástica.
  • Tapiz humano na rúa de Urzaiz o día 25 de novembro. 1º ESO A, B e C e 2º ESO C coas respectivas titoras, Bea, Almudena, Eugenia e Ana.
Alí os monitores e monitoras do Concello fixéronos bailar, xogar ao pano, probas de remudas...


 
Para tal evento 2º da ESO C realizou unha figura  vestida coas diferentes redes sociais para simbolizar que podemos servirnos destes medios de maneira positiva e non para controlar ou acosar aos demais.