Un ano máis participamos en Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.
Nesta cuarta edición, a temática elixida é a Ciberviolencia de Xénero na mocidade, co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Así, o noso alumnado traballou as diferentes manifestacións desta ciberviolencia (sexting, sextorsión, ciberbullyng e grooming) con diferentes accións:
- Relatos virtuais. Manifestacións de ciberviolencia en WhatsApp coa súa resolución. 1º da ESO con Eugenia en lingua castelá. Podedes velos aquí.
- Expresión artística. Unha obra por cada 1º da ESO expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro con Almudena en plástica.
- Tapiz humano na rúa de Urzaiz o día 25 de novembro. 1º ESO A, B e C e 2º ESO C coas respectivas titoras, Bea, Almudena, Eugenia e Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario