Coidemos o Planeta (Confint) que se celebra en Barcelona do 12 ao 15 de novembro.
A Confint é un proceso de educación ambiental que traballa a dimensión local e global da crise medioambiental desde biodiversidade, cambio climático, paisaxe...
Nesta II Conferencia poñerase de manifesto o compromiso da xuventude coa sostibilidade de Galicia, tema que no
Carlos Casares vén sendo traballado xa desde o ano 2007.
E... que fixeron Adrián, Laura C., Laura M. e Marta?
Primeiro presentaron un mapa cos problemas medioambientais de Galicia. Explicaron como traballamos na nosa Comunidade con iniciativas como o Plan Proxecta da Consellería de Educación en colaboración coas de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Medio Rural e do Mar. E despois fixeron un percorrido polo traballo realizado no instituto estes anos, a través de proxectos interdisciplinares e cooperativos, especialmente nos últimos catro cursos, desde que el@s chegaron ao centro.
Máis información aquí.
Máis información aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario