Pois si, levaba máis dun ano dándolle voltas.
Nós fixemos todo o posible para evitar que marchase..., o director intentou disuadilo (comerlle o coco, raialo...), invocamos o deus da dinamización lingüística (que é un deus do Olimpo galego) e para máis " inri" era venres de dores (Kit Kat cultural).
Entre risas e choros, cun unísono " Leo, queda", despedimos a quen para esta comunidade educativa foi o mellor compañeiro e profesor.
Grazas, Leandro.
Velaquí algunhas fotos do acto e as presentacións que lle fixemos.
Aproveito para comunicar o peche deste blog en espera do lanzamento, o vindeiro 18 de maio, de MANDA CARALLO ( a revista do noso IES creada por Leandro e o noso alumnado) dixital, que absorberá estes contidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario