viernes, 27 de abril de 2007

FORUM ORIENTA 2007

O martes, 24 de abril fomos os alumnos de 1º e 2º de bacharelato a Santiago ó Forum Orienta 2007, que organiza a Consellería de Educación para axudar ós mozos e mozas de Galicia na súa toma de decisións unha vez rematado o bacharelato.

Alí poidemos recibir información sobre Ciclos Formativos da Formación Profesional de Grao Superior e sobre Carreiras Universitarias que se poden cursar no Sistema Universitario de Galiza (SUG).


Asistimos a algunha conferencia, demostracións, recollimos folletos, e vimos 'in situ' como é eso da Formación Profesional de Grao Superior e como son as diferentes carreiras universitarias...
Diunos tempo para poñernos en forma como se pode apreciar en algunha imaxe e ver desde o alto unha perspectiva diferente das saídas do Bacharelato.

Creo que foi productivo e quen máis, quen menos poido informarse daquelo que máis lle interesaba.

miércoles, 25 de abril de 2007

¡¡Estamos de estrea!!: O LOGO do Instituto




A proposta do Departamento de Plástica e da Comisión de Normalización o Consello Escolar aprobou o que será logotipo do IES CARLOS CASARES; do noso instituto.

O Departamento de Plástica conxuntamente coa Comisión de Normalización Lingüística, decidiron este curso escolar levar a cabo unha idea que hai anos lles viña rondando polas súas cabezas: que o alumnado deseñase o logotipo do noso centro. A tal fin, convocaron un concurso de ideas do que resultaron gañadores ex aequo:

CLARA COPENA (1º ESO A) e ANDRÉ GARCÍA (1º ESO B).

Como xa constaba nas bases do concurso, a partir dos principais fundamentos existentes nestas dúas ideas gañadoras, elaborouse o actual logotipo que se presentou ao noso Consello Escolar para a súa aprobación e, no seu caso, para a súa divulgación e utilización en documentos do centro.

A imaxe resultante quere simbolizar, en primeiro lugar, que somos un centro educativo, representado neste caso polos dous C, un dentro do outro, buscando un enfoque construtivo, en actitude de “acollida” e entendemento, deixando un camiño definido de entrada á comprensión e ao diálogo. A cor vermella alude á fisionomía propia do centro, e a tuia, situada na entrada do noso recinto, está aquí utilizada como símbolo do crecemento físico e intelectual que experimenta o noso alumnado no paso polas nosas aulas.
O noso logotipo posúe unha letra sinxela e estruturada na cor azul cián corporativa da Xunta de Galicia.

jueves, 19 de abril de 2007

¡¡¡¡ERA xa ten logotipo!!!!

O Proxecto E.R.A. (Enerxías Renovables e Auga) do que forma parte o noso Instituto xunto co IES "Alto Almanzora" de Tíjola (Almería) o IES “Miguel Catalán” de Zaragoza e o IES “Punta Larga” de Candelaria (Tenerife) xa ten logotipo. Logotipo que foi elexido entre outros de gran calidade.

Este é o logotipo. ¿Que? ¿que vos parece? ¿a que mola?

E o 15 de Maio a Tíjola (Almería).... ;-)

lunes, 16 de abril de 2007

VISITA A DOCENTIA 2007

O venres, 13 de abril, os alumnos e alumnas de 4º de ESO foron a realizar unha visita a DOCENTIA 2007, o Salón monográfico de Educación, Formación e Emprego no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo). Polo interese con que se lles aprecia nas fotografías, parece que os nosos alumnos e alumnas de 4º estaban interesados en recibir información no citado Salón.

Alí poidemos ver informacións de distintas Universidades, de Centros de Formación Profesional e doutros estudios que nos proporcionaron, ademáis da información in situ, folletos, carpetas con información, etc...

viernes, 13 de abril de 2007

IGUALDADE DE XÉNERO



Fai unhas semanas, dentro dun programa de concienciación sobre a igualdade entre mozos e mozas, estivo no noso instituto o "bus da igualdade". Tamén nos veu a falar unha traballadora sobre a súa experiencia en traballos considerados equivocadamente "masculinos".


Pero o importante é que cada un de nós nos fagamos cómplices da idea de que nacer home ou nacer muller non leva aparellado diferencias nin nos traballos, nin no trato, nin nas tarefas domésticas... Cecais teña que pasar algún tempo, pero creo que a xuventude de hoxe discrimina menos estes aspectos de xénero que a de hai algúns anos e, probablemente, a xuventude que vai seguir a esta discrimine aínda menos.

PROXECTO ERA: LOGOS

Xa temos finalistas do logo do proxecto.
Anímovos a que entredes e miredes a creatividade dos alumnos que participan no proxecto.

Esto quere dicir que promete...

Finalistas dos mellores logos.