lunes, 26 de enero de 2009

PURO TEATRO

O mércores, 21 de xaneiro, os alumnos de 4ºA e 4ºC e 3ºA e 3ºB foron a ver a obra en francés:

"Enchanté", na que 4 alumnos dun liceo francés organizan a súa participación nun concurso do seu centro. Logo da obra houbo un coloquio cos actores. No coloqui xa nos falaron tanto en francés como en castelán.



O venres foron os alumnos de 3ºC e 3ºD os que foron a ver a obra: "Llamada perdida" na que 3 alumnos dun instituto pasan unha serie de vicisitudes. Hai un caso de acoso (mobing) a unha alumna a quen llo fixeron pasar mal. Despois no coloquio os actores explicaron o rol que representaban e que era o que en realidade sentían os seus personaxes.

martes, 13 de enero de 2009

APRENDER A ESTUDIAR


Neste enlace atoparás moitos instrumentos para mellorar o teu rendemento académico, así como poderás avaliar as túas habilidades actuais.
Non ten desperdicio. Faloume dela un profe do instituto. Algúns alumnos xa a utilizan e creo que ademáis o pasan ben, pois é divertida.
Entra a bótalle unha ollada: aprender a estudiar.