Aí están. Os de 4º de ESO en Paris. Oh, la, la... que envexa. Na cidade das luces. Champs Elisées para baixo, para arriba... Boulevard St. Michel, Boulevard St. Germain..., La Villette, a Torre Eiffel, o Arco de Triunfo. Que ben o deben estar pasando... Cargade as pilas que aínda nos queda o 3º trimestre.
Os de 1º de Bacharelato, en Madrid. No Madrid dos Austrias, Porta de Alcalá, o Museo do Prado, o Parlamento, ... Museo Thysen... a Castellana, a Porta do Sol (que tamén os madrileños teñen Porta do Sol). Pasádeo ben, que aquí vos agardamos. Xa nos contaredes.