Vai xa, pouquiño e pouco, creando tradición no noso centro esa mestura da nosa tradicional festa galega do SAMAÍN coa non menos tradicional e larpeira festa do magosto. A verdade é que algúns de vós, xa o sabiamos, tedes imaxinación e, polo que se ve, tempo abondo para montardes eses terroríficos disfraces, sanguinolentos e thrilleanos. E que dicirmos das cabazas artísticas?! En número, se cadra, non medraron moito pero en estilo, imaxinación e mestura do tradicional co moderno a calidade artística das cabazas gozou dunha estimable medra.
O salón de actos cheo ata a bandeira, a participación tan numerosa coma anos anteriores e, vós xulgaredes, pero sangue, sangue había un chisquiño máis este ano, non?
E a crecente calidade dos nosos musicais... excelente!, tanto o musical das Bruxas como o gañador de Thriller.
Seguimos degustando eses saborosos doces e tortas que fan as vosas nais e pais (ninguén cre que as fagades vós, xúrovolo), vendidos en xenerosas porcións.
Velaquí a lista de ganadores desta edición do Samagostín:
1º PREMIO DE CABAZAS: JOSÉ BERNÁRDEZ COSTAS (2º ESO A): Cabaza-robot
1º PREMIO DISFRACES: O MUSICAL THRILLER: 1º D BACH
2º PREMIO DISRACES: VIÚVA DE BRANCO: ÁNGEL SOTO ROMÁN (1º E BACH)
3º PREMIO DISFRACES: TOMÁS, de "EL ORFANATO": ANABEL ABALDE CAMPOS (1º F BACH)
NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!