martes, 22 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL




Onte, luns 21 de decembro, celebramos no ICC (IES Carlos Casares) o Festival de Nadal.
Había tempo que non se organizaba tal festival, pero houbo petición por parte do alumnado para que se fixese e como había actividades posibles e as circunstancias así o permitían, ao final celebrouse.
A verdade é que o pasamos ben. Houbo concursos: primeiro un de TÚ SÍ QUE VALES!, e logo outro de KARAOKE, para o que previamente se expuxeran nos taboleiros do vestíbulo onde se anunciaba a festa as listaxes e cancións que se podían escoller.
Cantamos, bailamos, saltamos... en fin, despedimos ben o ano.
Os gañadores dos concursos foron:
TÚ SÍ QUE VALES!: YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (4º ESO B), con unha excelente e moi aplaudida exhibición de yo-yo
KARAOKE: Un grupo de alumnos e alumnas de 1º BACH D, que interpretaron un orixinal e ben executado "Soño de Nadal" .
QUE TEÑADES TODAS E TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS DE NADAL!

viernes, 11 de diciembre de 2009

Educación firma un acordo con Microsoft para adquirir ordenadores con Windows

O estado firmou un acordo con Microsoft para a adquisición de ordenadores portátiles, parte do plan "Escuela 2.0", un total de 2.000 portátiles, e outros 2.000 o ano que ven. Seranlles condedidos, polo de agora, a estudantes de 5º e 6º de Primaria.

A idea dos ordenadores parece boa, pero o sistema que levan?

Pola primeira parte, é un excesivo custo económico. Hai que mercar unha licencia de este sistema por portátil, ou por cabeza. GNU/Linux non é gratuíto?

Segundo, o monopolio actualmente existente extenderase.

Terceiro, os problemas que poden conlevar. O máis probable é que cada curso escolar que pase, teñase que realizar un formateo en cada un deses ordenadores, pola incalculable cantidade de porcallada que poida acumular este sistema (virus e todo isto polo estilo).

"As habilidades tecnolóxicas deberían ser incorporado no proceso educativo dos nosos mozos. Microsoft pasou anos a desenvolver ferramentas de software altamente competitivo, as experiencias pioneiras de aulas do futuro e as iniciativas que deben axudar a estudantes, profesores e pais foron Español e no resto do mundo para vivir unha experiencia completamente transformada educativo co poder de Tecnoloxía da Información. As accións de Microsoft plans do Ministerio na súa Escola 2,0 iniciativa e é absolutamente comprometidos co obxectivo común de mellorar o proceso de aprendizaxe mediante a utilización de ferramentas tecnolóxicas na clase."

Con esta frase pódese ler a Nota de prensa que aparece na páxina web do Ministerio de Educación.

Ferramentas de software altamente competitivas? Non hai nin que ver os fallos que ten o software de Microsoft. Seguridade pésima, problemas, que hai que aplicarlle un mantemento regular, ademáis de que é software pechado e hai que pagar.

Experiencias pioneiras? Coma non sexa en roubar.

Está absolutamente comprometida Microsoft? A comunidade de xente que desarrolla GNU/Linux é moi grande e boa, e obten uns magníficos resultados, xa que realiza software de código aberto, e calquera pode melloralo. E ista comunidade estaría encantada de realizar este traballo, aínda sen recibir ningunha compensación económica a cambio. O compromiso de Microsoft é grazas ao maletín, por algo é unha multinacional que desarrolla software pechado, de mala calidade, con moitos problemas, que non innova, fai monopolio, e recibe diñeiro a cambio.