sábado, 19 de enero de 2013

2º ESO PARTICIPA NO PLAN PROXECTA: "12 MESES, 12 PAISAXES"

 
 
O alumnado 2º de ESO e mais un grupo de profesores, coordinados todos polo noso profesor de Ciencias Naturais MIGUEL VALIÑO, estamos traballando no proxecto "12 MESES,12 PAISAXES" dentro do plan Proxecta da Consellería de Educación que consiste na valorización, adecuación e mellora do noso recuncho forestal.

Todo comezou a finais de novembro cando viñeron a asesorarnos e empuxarnos un poco para empezar este ambicioso proxecto interdisciplinar.

Este pasado luns día 14 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO A e C comezaron as tarefas de "campo" co noiro das pistas de deportes, que está moi estragado e está a se derrubar. Primeiro os forestais encargados da poda e coidados da finca explicáronnos o que tiñamos que facer. Cos restos da poda construímos unha contención que cubrimos co compost que almacenamos na parte baixa do centro (aparcadoiro do profesorado), estelas de madeira e terra. Nas fotos pódese ver como trasladamos o compost e como facemos a cadea humana para levar a terra que estamos sacando contigua ao muro para dificultar así a entrada de estraños na nosa finca.

A semana que vén (se o tempo o permite) será o alumnado de 2º ESO B quen siga coa tarefa comezada e terminaremos plantando no noiro herba de Castela, para que quede verde e fermoso.

ALMUDENA 





 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  

 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

miércoles, 9 de enero de 2013

NO INSTITUTO MONTAMOS UN BELÉN...

Pois si, queridiños e queridiñas, pois si... No instituto montamos un belén... para celebrarmos as vacacións de Nadal. A idea, dentro das actividades de Plástica e auspiciadas pola Vicedirección, foi de parte do alumnado de 3º ESO A. A cabeza pensante do asunto e autora do boceto foi SARA FERNÁNDEZ COSTAS, logo, coas súas amigas CARLA SÍO, ÁNGELA RODRÍGUEZ, CRISTINA PRIETO e ANIANA CASTRO levaron a cabo tan orixinal idea, reivindicativa e rompedora. E velaquí as cinco retratadas con cadansúa figuriña do belén. Xenial idea e xenial traballo!