miércoles, 18 de febrero de 2015

sábado, 7 de febrero de 2015

Os Primeiros da ESO inmersos en Clases sen fume


Como todos os anos, 1º da ESO está a participar no proxecto "Clases sen fume" dentro do Plan Proxecta da Consellería.
Xa fixeron a primeira actividade, cada grupo, o seu lema,  traballando nas clases de lingua galega, e como novidade, en francés e ilustrándoo nas clases de plástica.
Tamén recibiron as amenas explicacións de Victoria, da Consellería de Sanidade.
Agora a seguir traballando cara á actividade creativa...



PAZ ILUSTRADA. 30 de xaneiro día da paz e da ilustración

José Saramago ilustrado por Daniel Paz


Nestes días de dó por uns ilustradores 

(Charlie Hebdo) cuxa 
lóxica tarefa consistía en tomar a relixión e o poder a xolda, o departamento de debuxo quere aproveitar este día dedicado á Paz e á 
Ilustración a recordalos do xeito que sabemos facer: debuxando e insistindo ao noso alumnado en 
perseverar e crer en si mesmos para conseguir que o traballo que nos apaixona se converta no noso modo de vida. 


Como escribiu Rushdie, "As relixións, como todas as ideas, merecen a crítica, a sátira e, si, a nosa falta de respecto sen medo".