martes, 13 de marzo de 2007
Enlaces de interese para orientarnos
Os Bacharelatos.
Oferta de Formación Profesesional Inicial.
Facer un test para comprobar os meus intereses profesionais de F.P.
Facer un test para comprobar os meus intereses de estudios universitarios.
Decide o teu futuro. (Estudios, saídas, dificultade...).
Consultar titulacións nas Universidades galegas.
Todo sobre o acceso á universidade.
Todas as titulacións en España.
Test de intereses universitarios.
lunes, 12 de marzo de 2007
Oferta educativa do Instituto
Aquí mostro un esquema da oferta do IES Carlos Casares e das saídas que proporcionan para os nosos alumnos e alumnas. Se pinchades na imaxe, farase mais grande e lexible.
No noso Instituto ofrecemos a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), os Bacharelatos que se citan no gráfico e un Programa de Garantía Social (PGS) para aqueles alumnos que non obteñen o título de Graduado en ESO.
Proxecto ERA
O Proxecto E.R.A. (Enerxías Renovables e Auga) é un proxecto, como ben o seu nome indica sobre educación ambiental e aforro enerxético. Vaise desenvolver en dous anos (este no que estamos e o próximo) conxuntamente cos centros: IES Alto Almanzaora (Tíjola-Almería), IES Miguel Catalán (Zaragoza), IES Punta Larga (Candelaria-Tenerife).
Temos unha páxina Web por medio da que traballamos 'on line' e na que imos poñendo información dos traballos realizados:
Pincha aquí para ver a páxina
OBXECTIVOS XERAIS:
- Crear vínculos entre comunidades educativas entre entornos medioambientais diferentes (Aragón, Canarias, Andalucía e Galicia) para coñecer problemas, alternativas e solucións encamiñadas a un desarrollo sostible en torno á auga e á enerxía.
- Favorecer a relación entre os estudiantes co fin de enriquecer a súa formación e información en temas medioambientais.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Comprender a importancia da auga como recurso limitado.
- Detectar as principais necesidades ambientais e de saude.
- Apuntar solucións positivas, imaxinativas, solidarias e sostibles.
- Coñecer métodos de aforro de auga e poñelos en práctica nos centros participantes.
- Acceder ó coñecemento da cultura doutras comunidades autónomas favorecendo o intercambio de profesorado e alumnado para a súa aproximación.
- Tomar conciencia do consumo enerxético da sociedade moderna e a súa dependencia dos combustibles fósiles ou enerxía nuclear.
- Valorar as posibilidades da enerxía solar e dos seus beneficios e estudiar e valorar o seu rendemento nos entornos de cada centro.
ACTIVIDADES:
Traballaremos con caracter transversal nas materias de Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias Medioambientais, Física e Química, Ciencias Sociais, Tecnololoxía, Educación Plástica e Visual e Matemáticas.
Actividades cooperativas entre os catro centros:
- Encontro entre profesores e alumnos en Tíjola (Almería) no ano 2007 e en Zaragoza no ano 2008.
- Planificación de actividades conxuntas para estes encontros.
Actividades a desenvolver e cada centro:
- Saídas.
- Investigación de consumo de auga e enerxía no noso entorno.
- Recollida de información medioambiental nos medios.
- Plans de aforro enerxético e de auga.
Este é un resumo das actividades do noso proxecto. En días sucesivos iremos informando da evolución das mesmas, así como de ir poñendo nesta mésma páxina resultados desas actividades.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)