lunes, 12 de marzo de 2007

Proxecto ERA

O Proxecto E.R.A. (Enerxías Renovables e Auga) é un proxecto, como ben o seu nome indica sobre educación ambiental e aforro enerxético. Vaise desenvolver en dous anos (este no que estamos e o próximo) conxuntamente cos centros: IES Alto Almanzaora (Tíjola-Almería), IES Miguel Catalán (Zaragoza), IES Punta Larga (Candelaria-Tenerife).

Temos unha páxina Web por medio da que traballamos 'on line' e na que imos poñendo información dos traballos realizados:

Pincha aquí para ver a páxina

OBXECTIVOS XERAIS:

- Crear vínculos entre comunidades educativas entre entornos medioambientais diferentes (Aragón, Canarias, Andalucía e Galicia) para coñecer problemas, alternativas e solucións encamiñadas a un desarrollo sostible en torno á auga e á enerxía.

- Favorecer a relación entre os estudiantes co fin de enriquecer a súa formación e información en temas medioambientais.


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

- Comprender a importancia da auga como recurso limitado.

- Detectar as principais necesidades ambientais e de saude.

- Apuntar solucións positivas, imaxinativas, solidarias e sostibles.

- Coñecer métodos de aforro de auga e poñelos en práctica nos centros participantes.

- Acceder ó coñecemento da cultura doutras comunidades autónomas favorecendo o intercambio de profesorado e alumnado para a súa aproximación.

- Tomar conciencia do consumo enerxético da sociedade moderna e a súa dependencia dos combustibles fósiles ou enerxía nuclear.

- Valorar as posibilidades da enerxía solar e dos seus beneficios e estudiar e valorar o seu rendemento nos entornos de cada centro.


ACTIVIDADES:

Traballaremos con caracter transversal nas materias de Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias Medioambientais, Física e Química, Ciencias Sociais, Tecnololoxía, Educación Plástica e Visual e Matemáticas.

Actividades cooperativas entre os catro centros:

- Encontro entre profesores e alumnos en Tíjola (Almería) no ano 2007 e en Zaragoza no ano 2008.

- Planificación de actividades conxuntas para estes encontros.


Actividades a desenvolver e cada centro:

- Saídas.

- Investigación de consumo de auga e enerxía no noso entorno.

- Recollida de información medioambiental nos medios.

- Plans de aforro enerxético e de auga.



Este é un resumo das actividades do noso proxecto. En días sucesivos iremos informando da evolución das mesmas, así como de ir poñendo nesta mésma páxina resultados desas actividades.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ola somos de la clase de 1B estamos inaugurando el blog

Anónimo dijo...

como os llamais¿?