lunes, 7 de mayo de 2007

VI Concurso de Debuxo de Educación Viaria. LUGO

VI Concurso de Debuxo de Educación Viaria.





O xurado da VI edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo seleccionou os debuxos gañadores deste certame destinado a todos os escolares e estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.

Nesta edición participaron 36 centros educativos de toda Galicia e batiuse o récord de participación ao acadar os 827 debuxos presentados.

Os membros do xurado coincidiron en salientar a extraordinaria calidade dos traballos presentados e a capacidade dos rapaces para reflexionar sobre a gravidade dos problemas que orixina o tráfico. Os nenos que participaron abordaron este tema desde distintos puntos de vista, tanto desde o drama dos accidentes de circulación ou o caos dos atascos, como desde a perspectiva da prevención e da aplicación de boas maneiras na condución.


Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de Bacharelato):
1º.- Iria Lores Villar do CPI. Covaterreña de Baiona - Pontevedra
2º.-Iria Barroso Fernández do IES. Lagoa de Antela de Xinzo de Limía - Ourense
3º.-Iván Davila Quintas do IES. Carlos Casares de Vigo - Pontevedra


Centro escolar con maior calidade artística:

IES. Carlos Casares de Vigo - Pontevedra

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como non hai ningún sitio para por suxerencias teño que escribir aquí

http://www.megaupload.com/es/?d=W6UC6121

isto é unha páxina web!!! Non sei porqué nós non podemos ter unha igual.. ou parecida, cos anuarios, as fotos de alumnos, (fotos de anos anteriores, etc) seguro que máis dun profesor inda conserva as fotos do Prestige ou daquelas charlas que dera o alcalde Castrillo, o presidente da fundación Alexandre Bóveda, etc.
Sería bo facer unha especie de apartado para isto!!

Moita grazas.