- É GRATUITO: a gran parte das distribucións de Linux son gratuítas, e poden ser descargadas legalmente dos respectivos lugares oficiais da distribución, onde están subidas as imaxes de CD. E, aínda que existen distribucións de pago, non necesariamente son mellores cás gratuítas; son excepcións para empresas, grandes servicios de servidores, etc. Unha licencia de Windows custa tranquilamente uns 200/300€ e subindo, só que cando mercamos un ordenador con Windows o prezo da licencia xa ven incluído no prezo final e non decatámonos do que custa.
- NON TEN RESTRICCIÓNS: cando un usuario cambia de ordenador, non pode cambiar a licencia de Windows, MS Office, etc... dun equipo a outro. Nen sequera pode ser lugar de agasallo a ninguén. Microsoft coas licencias de software impón quen o emprega, en que ordenador o emprega, para que o emprega, e moitas outras restriccións enloquecedoras.
- NON TEN VIRUS: en Windows a palabra "virus" é unha das máis escoitadas. Outra cousa na que hai que gastar diñeiro, "nun bo antivirus". En cambio, Linux non ten prácticamente nada de virus, e é totalmente seguro. Non existen os antivirus, sóamente algún que outro pequeno cortafogos que soe estar incluído na maioría das distribucións.
- É LIBRE: unha das cousas que ten de ventaxoso Linux é que é libre. Que quere isto dicir? Que calquera que o desexe pode modificar o código fonte de Linux para crear novas distribucións (actualmente hai activas máis de 140 distribucións de Linux). Tamén é froito disto que as distribucións medren tan rápidamente: moita xente traballa modificando o código das distribucións para así facer que éstas medren rápidamente. En Windows ver o seu código non é legal en ninguna das súas formas, polo que non podemos qué é o que fai ou deixa de facer Windows "por dentro".
- É ESTABLE E RÁPIDO: Linux ten un código fonte "limpo"; o de Windows está sucio e ocupa moito espazo. Hai distribucións de Linux totalmente funcionais que ocupan moi pouco espazo comparado con Windows, e xa teñen multitude de programas preinstalados. Tamén existen distribucións de Linux que son lixeiras e modernas á vez; é dicir, nun ordenador antigo asegurámonos de instalar un sistema que sea moderno e funcione nel á vez.
viernes, 24 de abril de 2009
Por qué utilizar Linux
Hoxe día, a meirande parte dos ordenadores persoais inclúen o sistema operativo WINDOWS preinstalado. Pero existe Linux, que é moi ventaxoso frente a Windows:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario