jueves, 21 de mayo de 2009

REMATA O CURSO... INFÓRMATE!


Estamos a piques a rematar o curso e moitos tendes que tomar unha decisión importante cara o voso futuro. Non deixedes de preguntar todo aquelo que pensedes que vos pode axudar para tomar esa decisión. O Departamento de Orientación, por medio do Orientador vaivos informar de xeito xeral, pero logo cada un de vós se tendes algunha dúbida debedes achegarvos ó Departamento de Orientación. Alí vanvos axudar. Tamén tes algúns sitios en INTERNET onde podes conseguir informacións.
KEKIERO é un deles. Entra e verás.
- Poderás atopar información sobre as probas de acceso a FP.
- Tamén sobre a nova SELECTIVIDADE.
- Se estás en 4º sobre a toma de decisións.
- Se estás en 3º debes coñecer as opcións de 4º.

martes, 19 de mayo de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Como cada ano, os alumnos do IES CARLOS CASARES participaron activamente na cartelería do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Aí están os seus traballos. Obtiveron o 1º Premio. Pero seguro que o Xurado tivo problemas para escoller o mellor dada a alta calidade de tódolos traballos. Noraboa.

lunes, 18 de mayo de 2009

EXALUMNOS



















Hoxe, día 18 de maio, 11 exalumnos do IES CARLOS CASARES viñeron a contarnos as súas experiencias na Universidade. O elenco era variopinto. Unha alumna de Bioloxía, outra de Arquitectura, outra de Farmacia, outra de Traducción e Interpretación, outra de Enxeñería de Minas, un alumno de Educación Social, outro de Fisioterapia, outro de Mediciña (que este ano comeza xa o MIR), unha alumna de Historia, outra de Administración e Dirección de Empresas e outra de Dereito Económico. Todos están estudiando arreo, algúns xa están rematando. Uns están en Santiago, outros en Ourense, outros en Pontevedra, unha alumna está en Madrid e outros están en Vigo. As súas experiencias son todas únicas e marabillosas. ¡Que ledicia velos aquí, agora, contándonos como lles vai! Os nosos alumnos escoitaron atentamente e tomaron boa nota, seguro. Os profesores, estamos orgullosos de eles. Gracias por vir e por contarnos a vosa vida...



miércoles, 13 de mayo de 2009

ACTIVIDADE AULAFORO. Buitrago de Lozoya


O I.E.S. Carlos Casares de Vigo participou durante o curso 2008/2009 cun grupo de 1º ESO nunha actividade promovida pola obra social de Cajamadrid denominada Aulaforo, que ten como finalidade promover o debate e a participación democrática nos centros educativos sobre determinados temas de interese. Este ano o tema proposto foi a problemática da auga para o ser humano e o medio ambiente.

As actividades desenvolvéronse en distintas fases:

-Previa: votacións inicial e final entre o alumnado do grupo, enquisas, debates na aula, marcha da auga, publicar noticias e actividaes realizadas na web de Aulaforo.

-Encontro en Buitrago de Lozoya: tivo lugar entre os días 8 e 10 de maio. Nel houbo debate en grupo e pequenos grupos sobre a temática da auga (recurso, escaseza, contaminación, depuración, etc), e elaborouse a Declaración Sobre a Auga, á que se lle deu lectura no Parque do Retiro madrileño.

-Posterior: difusión da actividade e da Declaración nos centros, prensa, etc.


martes, 5 de mayo de 2009

DEBATE SOBRE INMIGRACIÓN


Os nosos alumnos do IES CARLOS CASARES, xunto con compañeiros do IES República Oriental do Uruguay e do Centro S. José da Guía, convertéronse en Concelleiros e debatiron sobre temas de inmigración, facendo propostas dignas dos nosos mellores ediles. Podedes ler a noticia en Faro de Vigo. Noraboa para estes futuros dirixentes da nosa comunidade. Creo que imos estar en boas mans.