miércoles, 13 de mayo de 2009

ACTIVIDADE AULAFORO. Buitrago de Lozoya


O I.E.S. Carlos Casares de Vigo participou durante o curso 2008/2009 cun grupo de 1º ESO nunha actividade promovida pola obra social de Cajamadrid denominada Aulaforo, que ten como finalidade promover o debate e a participación democrática nos centros educativos sobre determinados temas de interese. Este ano o tema proposto foi a problemática da auga para o ser humano e o medio ambiente.

As actividades desenvolvéronse en distintas fases:

-Previa: votacións inicial e final entre o alumnado do grupo, enquisas, debates na aula, marcha da auga, publicar noticias e actividaes realizadas na web de Aulaforo.

-Encontro en Buitrago de Lozoya: tivo lugar entre os días 8 e 10 de maio. Nel houbo debate en grupo e pequenos grupos sobre a temática da auga (recurso, escaseza, contaminación, depuración, etc), e elaborouse a Declaración Sobre a Auga, á que se lle deu lectura no Parque do Retiro madrileño.

-Posterior: difusión da actividade e da Declaración nos centros, prensa, etc.


No hay comentarios: