martes, 30 de junio de 2009

Selectividade!!


Xa saíron as notas de selectividade.
Podes consultalas aquí.

viernes, 26 de junio de 2009

REMATADA A SELECTIVIDADE, QUÉDANOS OUTRA TAREFA...

Xa rematamos a Selectividade. Agora temos unha tarefa importante: buscar carreira que estudiar, averiguar sobre becas, residencias... Aquí tes algúns enlaces (só abren con Iexplorer):

algúns sitios en INTERNET onde podes conseguir informacións.
- Toda información sobre estudios superiores (becas, ...)
- Buscar carreiras (por universidade, por localidades, notas de corte,...)

martes, 23 de junio de 2009

FELIZ ANIVERSARIO

O pasado venres, 19, o noso instituto estivo de ANIVERSARIO: cumpriu 25 anos. Casi nada! Foi emocionante volver a verse antiguos alumnos (hoxe profesionais, ou en camiño de selo, de diferentes, múltiples e variadas profesións) con profesores actuais e outros que xa estiveran no noso centro. Había anécdotas para "dar e tomar". Non dabamos rematado de contar as aventuras, os recordos... A verdade e que o pasamos todos e todas moi ben. Quedáronnos ganas de repetir... O FARO DE VIGO de hoxe saca un artigo sobre o evento. Podédelo ler aquí.
Xa hai algo que nos une: ser do IES MEIXOEIRO ou, agora, CARLOS CASARES.

lunes, 22 de junio de 2009

Por qué usar Jabber (XMPP)

Actualmente MSN é o protocolo máis empregado para relacionarnos vía online coas nosas amizades. Pero á súa vez estamos atados a unha compañía que nos obriga duramente a un contrato.
Pero hai máis vida despois do MSN. Existe XMPP que é un protocolo libre, formado por Jabber e GTALK (GMail). O protocolo XMPP é un servizo público, libre e gratis. Permite mensaxería instantánea, chat e voz.

¿QUÉ TEN DE MALO MSN?
A rede MSN é privada, e propiedade dunha empresa (Microsoft), que obriga a usar o seu servizo a ordenadores con sistema Windows, e obliga a que actualices o seu programa cando e como eles deseen. Por exemplo, os usuarios con Windows 95 quedaron sen MSN.
Aínda que existen alternativas gratuítas (e a maioría libres) ao programa establecido por Microsoft, non son nin oficiais nin están aceptados pola compañía, e só existen grazas aos programadores que interveñen dando seu tempo e exforzo en programar estes programas, que non é nada doado. E nunca conseguirase compatibilidade ao 100%.

Outro bloqueo de depender totalmente do MSN é que é unha rede centralizada. Tódolo mundo depende directamente de que esta rede esté acesa, e se deixa de funcionar (caen seus servidores), ninguén poderá falar con ninguén. En Jabber isto, aínda que sucedese, non podería causar estragos, pois existen moitísimos servidores de XMPP/Jabber, compatibles todos eles entre sí... pois poderemos ter contas "de reposto" en outros servidores.

MEUS AMIGOS USAN MSN
O problema é ese, que un gran porcentaxe de xente o emprega, polo que aínda que nos agrade XMPP teremos que usar MSN se queremos falar con amigos que empreguen MSN... Porque MSN só comunícase con MSN (e Yahoo-Messenger). Por ista razón, MSN extendeuse monopolísticamente por España, polo que estamos atados a unha empresa. Isto é negativo, pois non se innova nada, e ao estarmos atados a esta compañía, temos que aceptar seus contratos, e empregar seus servizos como desexen...
Pensemos no caso da telefonía móbil, é coma se unha empresa de telefonía móbil non nos permite chamar a móbiles de outras compañías telefónicas.

¿QUE É JABBER(XMPP)?
É un protocolo, sistema de chat, coma MSN, pero que por tódalas ventaxas descubertas enriba (e algunhas máis que citaremos), é libre e aberto.

En Jabber podemos conectarnos con calquer programa que dispoña de soporte para o protocolo XMPP. Jabber non nos impón contrato ningún que nos bloquee a empregar un cliente específico. Símplemente se algo non che agrada dun programa, podes empregar outro.
Tamén podes crear e unirte a salas de charla (Chats). Aínda que con MSN pódese facer o mesmo, non dispós de roles de administración, se alguen molesta non o podes botar...


¿HAI CARACTERÍSTICAS DE MSN QUE INCORPORA JABBER?
Por suposto:
  1. Podes poñerte unha mesaxe persoal, avatar, e ata incluso editar unha tarxeta persoal personalizada con datos persoais (se queres).
  2. Podes enviar arquivos.
  3. Podes usar clientes web, aínda que estén mais limitados cá os programas instalables, para unha emerxencia poden valer.
  4. Podes falarlle a un contacto desconectado, que verá as mesaxes que lle enviaches cando se conecte.
¿COMO CREOME UNHA CONTA JABBER?
En primeiro lugar necesitarás unha conta Jabber, ou JabberID. Dispós de moitísimos servidores, podes elixir o que máis che veña en gana, coma por exemplo Jabberes.org ou Jabber-hispano.org, así coma Gmail. Non importa cal elixas, son compatibles todos eles entre si.
Despois necesitarás un programa, o máis empregado tal vez sexa Psi, aínda que hay moitísimos máis, coma Pidgin (multiprotocolo, podes ter varias contas de varios protocolos abertos á vez).
FONTE

martes, 16 de junio de 2009

A NOSA REVISTA



Xa saíu o Nº 19 da nosa revista «MANDA CARALLO» que é un número especial dado que estamos de aniversario. O IES Carlos Casares de Vigo cumpre 25 anos!

O índice é como segue. Só tes que pinchar en cada apartado para velo.



ÍNDICE.

lunes, 8 de junio de 2009

INTERCAMBIO EPISTOLAR CO IES 12 DE OUTUBRO DE OURENSE



Este curso, como xa vén sendo habitual, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do noso centro organizou un intercambio epistolar, nesta ocasión co IES 12 DE OUTUBRO de Ourense. A actividade organizouse para o nivel de 3º da ESO, para os grupos A, B e C. Desde o comezo de curso comezou este alumnado a escribirse cartas "tradicionais" enviadas por correo postal con alumnado do devandito centro de Ourense; primeiro houbo presentacións e logo xa se mantivo unha relación epistolar regular con envíos e respostas cada 3 ou 4 semanas.
Había que poñer o ramo a esta actividade e que mellor maneira que ir visitar o centro de Ourense e que logo eles veñan visitarnos a nós.
Pois ben este pasado xoves fomos invitados nós ao instituto de Ourense.
Primeiro recibiunos a súa directora, deunos a benvida e logo nos recibiron os alumnos cos que nos carteamos, ofrecéndonos eles mesmos unha sesión de baile moderno, moi inspirado no reality "Fama".
Logo fixemos un percorrido polo centro histórico de Ourense guiados polos propios alumnos orensáns.
Tivemos un día moi apracible, con pouco sol, cousa que é de agradecer nestas épocas en Ourense.
Posteriormente leváronnos a unhas
termas, as de Outariz, e alí comimos fraternalmente todos os alumnos, alumnas profes e profas dos dous institutos. Pola tarde recompuxemos os nosos corpos entrando e saíndo das pozas de auga quente e fría. Quedamos todos moi relaxados, preparadiños para estudar os exames finais que se aveciñan.


Ourense, venres 4 de xuño de 2009. Leandro García Bugarín.


miércoles, 3 de junio de 2009

NOVOS TÍTULOS DE GRAO

A Universidade de Vigo ven de publicar os novos títulos de GRAO para o curso 2009-2010.
Pódelos consultar AQUÍ

lunes, 1 de junio de 2009

PREMIOS EDUCACIÓN VIAL


Outra vez alumnos (desta vez alumnas) do IES Carlos Casares de Vigo reciben premios do Concurso de Educación Vial convocado polo Concello de Lugo. Patricia Barreiro Rodríguez recibiu o 1º Premio da súa categoría e Teresa García González un meritoso Accesit. As dúas alumnas son de 3º A e unhas excelentes debuxantes e deseñadoras. Noraboa, e a preparar o concurso do próximo ano! En varios periódicos sae a noticia. Póñovos este enlace co Progrerso de Lugo xa que é alí onde se convoca o premio.