Pero hai máis vida despois do MSN. Existe XMPP que é un protocolo libre, formado por Jabber e GTALK (GMail). O protocolo XMPP é un servizo público, libre e gratis. Permite mensaxería instantánea, chat e voz.
¿QUÉ TEN DE MALO MSN?
A rede MSN é privada, e propiedade dunha empresa (Microsoft), que obriga a usar o seu servizo a ordenadores con sistema Windows, e obliga a que actualices o seu programa cando e como eles deseen. Por exemplo, os usuarios con Windows 95 quedaron sen MSN.
Aínda que existen alternativas gratuítas (e a maioría libres) ao programa establecido por Microsoft, non son nin oficiais nin están aceptados pola compañía, e só existen grazas aos programadores que interveñen dando seu tempo e exforzo en programar estes programas, que non é nada doado. E nunca conseguirase compatibilidade ao 100%.
Outro bloqueo de depender totalmente do MSN é que é unha rede centralizada. Tódolo mundo depende directamente de que esta rede esté acesa, e se deixa de funcionar (caen seus servidores), ninguén poderá falar con ninguén. En Jabber isto, aínda que sucedese, non podería causar estragos, pois existen moitísimos servidores de XMPP/Jabber, compatibles todos eles entre sí... pois poderemos ter contas "de reposto" en outros servidores.
MEUS AMIGOS USAN MSN
O problema é ese, que un gran porcentaxe de xente o emprega, polo que aínda que nos agrade XMPP teremos que usar MSN se queremos falar con amigos que empreguen MSN... Porque MSN só comunícase con MSN (e Yahoo-Messenger). Por ista razón, MSN extendeuse monopolísticamente por España, polo que estamos atados a unha empresa. Isto é negativo, pois non se innova nada, e ao estarmos atados a esta compañía, temos que aceptar seus contratos, e empregar seus servizos como desexen...
Pensemos no caso da telefonía móbil, é coma se unha empresa de telefonía móbil non nos permite chamar a móbiles de outras compañías telefónicas.
¿QUE É JABBER(XMPP)?
É un protocolo, sistema de chat, coma MSN, pero que por tódalas ventaxas descubertas enriba (e algunhas máis que citaremos), é libre e aberto.
En Jabber podemos conectarnos con calquer programa que dispoña de soporte para o protocolo XMPP. Jabber non nos impón contrato ningún que nos bloquee a empregar un cliente específico. Símplemente se algo non che agrada dun programa, podes empregar outro.
Tamén podes crear e unirte a salas de charla (Chats). Aínda que con MSN pódese facer o mesmo, non dispós de roles de administración, se alguen molesta non o podes botar...
¿HAI CARACTERÍSTICAS DE MSN QUE INCORPORA JABBER?
Por suposto:
- Podes poñerte unha mesaxe persoal, avatar, e ata incluso editar unha tarxeta persoal personalizada con datos persoais (se queres).
- Podes enviar arquivos.
- Podes usar clientes web, aínda que estén mais limitados cá os programas instalables, para unha emerxencia poden valer.
- Podes falarlle a un contacto desconectado, que verá as mesaxes que lle enviaches cando se conecte.
En primeiro lugar necesitarás unha conta Jabber, ou JabberID. Dispós de moitísimos servidores, podes elixir o que máis che veña en gana, coma por exemplo Jabberes.org ou Jabber-hispano.org, así coma Gmail. Non importa cal elixas, son compatibles todos eles entre si.
Despois necesitarás un programa, o máis empregado tal vez sexa Psi, aínda que hay moitísimos máis, coma Pidgin (multiprotocolo, podes ter varias contas de varios protocolos abertos á vez).
FONTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario