jueves, 19 de noviembre de 2009
OS 1os. DA ESO EN CINENSINO
1º da ESO EN CINENSINO
O pasado día 5 de novembro os rapaces e rapazas de 1º da ESO, acompañados de Lola, realizamos unha saída ao cine Salesianos, para ver a película City of Ember. En busca de la luz, primeiro filme das tres proxeccións do ciclo “Cinensino”. Este programa ten como finalidade evitar a drogodependencia dos mozos e mozas adolescentes antes de que estes cheguen a probalas, e utiliza o cine como base.
Unha vez sentados nas butacas, o coordinador do programa dirixiunos unha breve explicación dos principias aspectos da saída. Os alumnos e alumnas deberiamos prestar moita atención á película, xa que despois teriamos que traballar nun caderno de exercicios con preguntas sobre o citado filme. Tras isto, e sen máis preámbulos, comezou a proxección.
A película non estaba mal. Narraba as aventuras de dous rapaces nunha cidade subterránea coñecida como Ember. A idea era boa, o ritmo trepidante e a ambientación estaba moi ben conseguida, facía que te sentises dentro da propia urbe. Os efectos visuais eran bastante bos, e os actores non o facían mal. Con todo, decepcionaba un pouco, xa que despois dun comezo prometedor, a trama non estaba totalmente pulida, e daba a impresión de que algunhas cousas estaban feitas á carreira. Resumindo, é un filme entretido, que gustará aos seguidores das aventuras estilo Las crónicas de Narnia ou similares, pero que prometía máis do que en realidade podía dar.
Unha vez rematada a peli, só quedaba volver. Foi unha mágoa que aquela divertida excursión non durase máis, pero o pasamos… de cine.
DIEGO MOJÓN ÁLVAREZ 1º ESO A
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Seica vos gusta o cine... pois podiades poñer a película que fostes ver e se pega a pena ir a vela ou non.
Publicar un comentario