domingo, 22 de julio de 2012

MARIYA (1º ESO B) GANA O 2º PREMIO DO CONCURSO "UN MUNDO DE COR"




A nosa alumna de 1º B de ESO MARIYA ILIEVA PALIKARSKA segue ganando premios, mesmo no caloroso verán. Nesta ocasión ganou o pasado mércores 18 de xullo o 2º premio da súa categoría na 2ª edición do concurso UN MUNDO DE COR, organizado pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) e na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.

Foi un traballo realizado dentro da actividade de Plástica e coordinado pola nosa vicediretora, Almudena.
A este concurso presentáronse un total de 230 obras en toda Galicia. Pretendíase acadar que o noso alumnado fixese unha reflexión consciente sobre a oportunidade e riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rechazo do que é diferente. Conseguiuse que os traballos reflectisen temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países e que viven con nós.

Esteas onde esteas a estas alturas do verán, NORABOA de novo, Mariya. Sentímonos orgullosos de que sexas alumna do noso instituto. Xa nos contarás en setembro!


martes, 10 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (V): A outra obra de Casares

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta quinta e derradeira entrega, a outra obra de Casares: 
25 A outra obra de Casares
View more presentations from iescc
26 Un país de palabras
View more presentations from iescc
27 O principiño
View more presentations from iescc
28 Os escaravellos voan á tardiña
View more presentations from iescc
29 O vello e o mar
View more presentations from iescc
30 Grial experiencia singular
View more presentations from iescc

lunes, 9 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (IV): A súa obra xornalística

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta cuarta entrega, a súa obra xornalística:

miércoles, 4 de julio de 2012

FALECEU ONTE KRISTINA BERG, VIÚVA DE CARLOS CASARES





Onte faleceu en Vigo, aos 64 anos de idade, KRISTINA BERG, viúva de CARLOS CASARES.
Kristina visitou en varias ocacións o noso centro, a derradeira con ocasión do faladoiro no que participou no pasado mes de marzo para celebrarmos o X CABODANO da morte do seu marido, CARLOS CASARES.
En todas as ocasión en que visitou o noso centro fíxoo cunha tremenda amabilidade e xenerosidade e sempre agradeceu o feito de poñermos o nome do seu marido ao centro.

GRAZAS, KRISTINA, POR TODO. O teu nome estará sempre ligado ao de Carlos no noso centro.