domingo, 22 de julio de 2012

MARIYA (1º ESO B) GANA O 2º PREMIO DO CONCURSO "UN MUNDO DE COR"




A nosa alumna de 1º B de ESO MARIYA ILIEVA PALIKARSKA segue ganando premios, mesmo no caloroso verán. Nesta ocasión ganou o pasado mércores 18 de xullo o 2º premio da súa categoría na 2ª edición do concurso UN MUNDO DE COR, organizado pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) e na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.

Foi un traballo realizado dentro da actividade de Plástica e coordinado pola nosa vicediretora, Almudena.
A este concurso presentáronse un total de 230 obras en toda Galicia. Pretendíase acadar que o noso alumnado fixese unha reflexión consciente sobre a oportunidade e riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rechazo do que é diferente. Conseguiuse que os traballos reflectisen temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países e que viven con nós.

Esteas onde esteas a estas alturas do verán, NORABOA de novo, Mariya. Sentímonos orgullosos de que sexas alumna do noso instituto. Xa nos contarás en setembro!


No hay comentarios: