INTRODUCIÓN
A estatística desempeñou un papel
primordial neste desenvolvemento, ao proporcionar ferramentas metodolóxicas
xerais para analizar a variabilidade, determinar relacións entre variables,
deseñar de forma óptima experimentos e mellorar as predicións e a toma de
decisións en situacións de incerteza.
O razoamento estatístico é un compoñente
esencial da aprendizaxe.
Trataremos os seguintes contidos
matemáticos aplicados ao noso proxecto:
- Frecuencias absolutas e relativas, ordinarias e acumuladas.
- Diagramas estatísticos. Análise dos aspectos máis salientables dos gráficos.
- Medidas de centralización: media, mediana e moda. Utilización da media, a mediana e mais a moda para realizar comparacións e valoracións. Utilización da folla de cálculo para organizar os datos, realizar os cálculos e xerar os gráficos máis adecuados.
As
variables estatísticas obxecto do estudo serán:
a)
O número de fentos, toxos, árbores e arbustos por metro cadrado.
b) As alturas e áreas basais de árbores da
contorna.Medicións a realizar para recoller datos
1. Medición
da altura dunha árbore
Método
do xardineiro
1.
Colocarse a unha distancia coñecida do obxecto cuxa altura H se quere medir, neste caso a árbore.
Chamamos D a esa distancia.
2.
Estender o brazo mentres se sostén unha regra
verticalmente á altura dos ollos. Chamamos d á distancia entre a man e o ollo.
3. Pechar un dos ollos e determinar co outro a cantos centímetros da regra corresponde a altura da árbore.
A esa lonxitude medida na regra denominámola h.
Por
semellanza de triángulos obtense que H/h =
D/d. Desta relación obtense que a altura da árbore é:
H = h.(D/d) |
ROSA GÓMEZ
Velaquí as fotos que se tomaron na realización desta actividade:
Grupo de alumnas medindo a distancia do pao ao ollo
Buscando a distancia adecuada para que a imaxe do pao solape
perfectamente a imaxe da árbore
No hay comentarios:
Publicar un comentario