sábado, 6 de julio de 2013

ESTREA E ENLACE PARA VER O NOSO "LIP DUB"











Como ben sabedes todas e todos, o pasado luns 10 de xuño grabouse o primeiro LIP DUB no noso centro, facendo un percorrido por todas as dependencias e actividades do centro, a modo de presentación festiva. Foi todo un éxito.
Logo do traballo de posprodución, velaquí tedes o enlace para velo.



E OUTRO PREMIO: 3º PREMIO DE PAISAXE DENTRO DO PLAN PROXECTA "12 MESES, 12 PAISAXES"

Desta actividade na que estaba inmerso o noso centro, o PLAN PROXECTA, en distintas modalidades do mesmo, en concreto na modalidade "12 meses, 12 paisaxes"  xa vos demos conta tamén nun post anterior (inserimos fotos desta actividade). Conseguimos o 3º premio. Agasalláronnos cunha figura alegórica, un lote de libros para a biblioteca e a asistencia á IX XORNADA DE SOSTENIBILIDADE E PAISAXE, que se celebrou na vila de Pontevedra. Nesas xornadas, MARTA ALONSO  e CLAUDIA CAMESELLE ( DE 2º ESO as dúas) expuxeron o traballo realizado no noso recuncho forestal ao longo deste pasado curso.
Velaquí os enlaces aos murais que se realizaron para a exposición:




 
Alí nos reunimos todos os centros de Primaria e Secundaria de Galicia (dos 82 que traballamos a sostenibilidade) premiados por eficiencia enerxética, selección de residuos ou paisaxe e houbo unha repesentación de Cataluña, País Vasco, Albacete, La Rioja... Leváronse a cabo obradoiros para compartir e ensinar experiencias. Nós ensinamos a medir árbores, outros ensinaron a facer xabón e mesmo aprendimos a baixar as emisións de CO2 cun pequeno xesto na iluminaria fluorescente das aulas que queremos levar a cabo o vindeiro curso no noso centro.

Velaquí outro enlace

 

Pois, como podedes observar, en xeral o paso do noso centro polo PLAN PROXECTA foi todo un éxito: seis programas, tres premios (en dous dese programas non se conceden premios). Iso demostra que temos moi bo alumnado no noso centro e que a aprendizaxe transversal e cooperativa se nos dá ben.

OUTRO PREMIO, DESTA VEZ A 1º ESO C: Á MELLOR ACTIVIDADE CREATIVA DO CONCURSO "CLASES SEN FUME"


Tamén nun post anterior dabamos conta da participación de 1º ESO C no concurso "CLASES SEN FUME", e xa indicabamos alí que había moitas posibilidades de gañar este premio. Pois así foi: 1º ESO C levou o 1º premio, consistente en pasar 5 días no albergue das Mariñas, en Sada, pegadiño á praia, e alí estiveron do 24 ao 29 de xuño. Alí coincidiron con outras dúas clases de dous centros tamén premiados no mesmo concurso e ao chegaren os monitores mesturaron os centros nos cuartos e aí comezou unha moi arraigada convivencia.
Cremos que se trata dun estupendo premio que segue fortalecendo valores que o programa "Clases sen fume" potencia: cooperación, esforzo, compañeirismo, en fin que agradecemos á Consellería de Sanidade que leve a cabo actividades coma esta.

Velaquí o enlace da noticia:



Podedes ver o traballo premiado no post anterior onde dabamos conta da participación neste concurso.

CHEGOU A HORA DE RECOLLER PREMIOS: 1º ESO B: "O NOSO MONTE É A NOSA VIDA", PREMIO COLECTIVO / CATEGORÍA ARTÍSTICA

Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Medio Rura

Como vos adiantabamos nun post anterior, o alumnado de 1º ESO B fixo un álbum ilustrado para o concurso "O noso monte é a nosa vida", pois ben, conseguiron o PREMIO COLECTIVO na CATEGORÍA ARTÍSTICA.
[No post citado tedes o enlace para ver este xenial álbum ilustrado]
Velaquí vedes a Lucía e mais a Antonio, representando ao seu curso, recollendo o premio de mans do conselleiro.
Podedes ver a noticia se picades neste enlace: 

viernes, 5 de julio de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. 1º ESO RECOMENDA LECTURAS PARA O VERÁN





MARÍA DO CARME, profesora de Galego e membro do Grupo da Biblioteca traballou co seu alumnado de 1º ESO, segundo as experiencias lectoras deles, suxestións e recomendacións de lecturas para este verán. Pincharon nos taboleiros de entrada da biblioteca as súas recomendacións e suxestións, tentando animar á lectura das obras recomendadas.