Desta actividade na que estaba inmerso o noso centro, o PLAN PROXECTA, en distintas modalidades do mesmo, en concreto na modalidade "12 meses, 12 paisaxes" xa vos demos conta tamén nun post anterior (inserimos fotos desta actividade). Conseguimos o 3º premio. Agasalláronnos cunha figura alegórica, un lote de libros para a biblioteca e a asistencia á IX XORNADA DE SOSTENIBILIDADE E PAISAXE, que se celebrou na vila de Pontevedra. Nesas xornadas, MARTA ALONSO e CLAUDIA CAMESELLE ( DE 2º ESO as dúas) expuxeron o traballo realizado no noso recuncho forestal ao longo deste pasado curso.
Velaquí os enlaces aos murais que se realizaron para a exposición:
Alí nos reunimos todos os centros de Primaria e Secundaria de Galicia (dos 82 que traballamos a sostenibilidade) premiados por eficiencia enerxética, selección de residuos ou paisaxe e houbo unha repesentación de Cataluña, País Vasco, Albacete, La Rioja... Leváronse a cabo obradoiros para compartir e ensinar experiencias. Nós ensinamos a medir árbores, outros ensinaron a facer xabón e mesmo aprendimos a baixar as emisións de CO2 cun pequeno xesto na iluminaria fluorescente das aulas que queremos levar a cabo o vindeiro curso no noso centro.
Velaquí outro enlace
Pois, como podedes observar, en xeral o paso do noso centro polo PLAN PROXECTA foi todo un éxito: seis programas, tres premios (en dous dese programas non se conceden premios). Iso demostra que temos moi bo alumnado no noso centro e que a aprendizaxe transversal e cooperativa se nos dá ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario