jueves, 12 de diciembre de 2013

ÉXITO TOTAL NA CAMPAÑA "BANCO DE ALIMENTOS 2014"





Pois si, meus, todo un éxito e un record. Recollimos máis de 150 bolsas cheas de alimentos non perecedoiros nesta campaña de BANCO DE ALIMENTOS 2013. Nunca antes recolleramos tal cantidade de bolsas, pero non é de estrañar pois levamos máis de vinte anos colaborando con esta campaña e comezamos moi timidamente para ir progresando ano a ano.
Grazas, rapaces, por serdes tan solidarios.

domingo, 8 de diciembre de 2013

O GRUPO DA BIBILOTECA PRESENTA: VISUALIFÉMINAS









VISUALIFÉMINAS

Este traballo de composición fotográfica

foi realizado 

polo alumnado de 4º D do curso 2012-13 

coa súa titora 

MAITE  e coordinado por LARA


EZEQUIEL, LARA, ALEJANDRO, ADRIÁN e 

JAVIER

NADAL E MULLERES PREMIOS NOBEL NA BIBLIOTECA






Como vén sendo habitual xa na nosa biblioteca e nos seus espazos exteriores, o Nadal chega aos libros. Este Nadal o Grupo da Biblioteca quere celebralo entre as mulleres ás que lles foi concedido o PREMIO NOBEL DE LITERATURA, e con tal motivo organizou unha exposición no espazo que ten reservado na entrada do centro. 

4º ESO MANIFÉSTASE EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO










VISITAS CULTURAIS DO DPTO. DE TECNOLOXÍA









Co gallo da semana da ciencia, organizáronse dúas saídas: unha á Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas (CUVI), e outra a Tecnópole (a 12 Km de Ourense).
A primeira delas foi o xoves 14 de novembro. Explicáronnos as diferentes técnicas e os diferentes dispositivos que se usan nesa enxeñería, como poden ser os explosivos, cámaras térmicas e estacións topográficas, demostrando o seu funcionamento (dos explosivos só vimos vídeos, por sorte ou por desgraza).
Ademais de falar da enxeñería de minas, falaron de enerxías, máis concretamente da de combustión. Expuxéronnos o motor Stirling, un motor capaz de xerar suficiente enerxía como para abastecer unha casa, e que, ademais, aproveita a calor da combustión para calefacción ou auga quente.
Tamén explicaron os usos e propiedades dos distintos materiais existentes, adaptados ás necesidades das persoas: dende os materiais lixeiros e resistentes para aeronáutica ata materiais máis usuais como o vidro e o plástico. Como curiosidade, tivemos a oportunidade de ver como se fabrica a espuma que logo se utiliza nos asentos dos coches de Citroën e Peugeot. Orixínanse a partir da reacción de dous líquidos, que provoca que comecen a inchar coma un biscoito ata volverse un material sólido e esponxoso.
A segunda das saídas foi o venres 22. Esta constou de tres partes.
Na primeira, faláronnos dos superheroes. Do que teñen en común, dos seus fallos, e dalgunhas curiosidades sobre eles e sobre nós que algúns de nós descoñeciamos. Na segunda tivemos tempo dabondo para ver os proxectos que alumnos da ESO e de bacharelato de institutos da zona tiñan expostos nunha carpa fóra do edificio. Había algunhas cousas bastante interesantes, como un estudo da perda auditiva en alumnos e profesores dun instituto ou un sistema para alertar os condutores de que van en sentido contrario.
Na terceira e última parte vimos experimentos, a gran maioría en relación coa auga e coas propiedades desta. Isto vén a conto de que este é o ano internacional da cooperación na esfera da auga. Realizaron varios experimentos, de entre eles quero destacar un que basicamente era conseguir hidróxeno para despois comprobar que, en efecto, é inflamable; e outro no que, cunha vara de plástico (pódese facer cun bolígrafo Bic), cargada electricamente, conséguese desviar un chorro de auga.
Artigo: SERGIO FARALDO GRAÑA (1º Bach E)
Fotografía: MARCOS CALDAS SIMÓN (1º Bach E) 

VISITA AO MUSEO DO MARCO DENTRO DO PLAN PROXECTA "MONTENTÉRATE"








Alumnado de 2º da ESO realizou unha visita cultural ao Museo Marco dentro das actividades do Plan Proxecta MONTENTÉRATE. Vemos na foto o alumnado diante do panel que amosa a loita que o colectivo MONTENOSO, da comunidade veciñal de Cabral (o noso centro está máis dentro das lindes de Cabral que de Bembrive) para impedir que se constrúa un centro comercial na bisbarra. O proxecto "O monte é noso. Sachando procomún"  quere facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan, así como impulsar procesos de reapropiación   destes montes por parte das súas comunidades a través de intervencións artístico-sociais.

O noso alumnado participou tamén na improvisación dun
breve obradoiro de teatro de sombras para aprender unha técnica que logo os inspire na elaboración do proxecto final de Montentérate.



MONTENOSO (www.montenoso.net) é un colectivo que ten como obxectivo desenvolver un proxecto sobre os montes veciñais de Galicia, un exemplo centenario de procomún.

Xeografías do mancomún amosa os resultados obtidos do traballo de campo realizado en varios montes veciñais en man común de Galicia. Xeocalizar os conflictos, os recursos, as xestións, ou outros coñecementos permitirá entender como as comunidades de persoas son quen de traballar de forma colaborativa.


O pasado xoves 7 de novembro as clases de 2º ESO A e B desprazámonos ao museo MARCO, na rúa Príncipe da nosa vila de Vigo.
Un autobús desprazou as dúas clases ás 09:40 am ata o museo e volvemos ás 12:40.
Cando chegamos, as guías do meuseo dividiron o grupo en dous e fixemos un percorrido polas distintas dependencias do museo. Mentres 2º ESO A observaba un teatro de sombras que logo intentaría imitar, o alumnado de 2º ESO B visitaba a exposición de arte contemporánea. Logo os cursos intercambiamos as actividades.
FERNANDO CARRERA (2º ESO A)