Alumnado de 2º da ESO realizou unha visita cultural ao Museo Marco dentro das actividades do Plan Proxecta MONTENTÉRATE. Vemos na foto o alumnado diante do panel que amosa a loita que o colectivo MONTENOSO, da comunidade veciñal de Cabral (o noso centro está máis dentro das lindes de Cabral que de Bembrive) para impedir que se constrúa un centro comercial na bisbarra. O proxecto "O monte é noso. Sachando procomún" quere facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan, así como impulsar procesos de reapropiación destes montes por parte das súas comunidades a través de intervencións artístico-sociais.
O noso alumnado participou tamén na improvisación dun
breve obradoiro de teatro de sombras para aprender unha técnica que logo os inspire na elaboración do proxecto final de Montentérate.
MONTENOSO (www.montenoso.net) é un colectivo que ten como obxectivo desenvolver un proxecto sobre os montes veciñais de Galicia, un exemplo centenario de procomún.
Xeografías do mancomún amosa os resultados obtidos do traballo de campo realizado en varios montes veciñais en man común de Galicia. Xeocalizar os conflictos, os recursos, as xestións, ou outros coñecementos permitirá entender como as comunidades de persoas son quen de traballar de forma colaborativa.
O pasado xoves 7 de novembro as clases de 2º ESO A e B desprazámonos ao museo MARCO, na rúa Príncipe da nosa vila de Vigo.
Un autobús desprazou as dúas clases ás 09:40 am ata o museo e volvemos ás 12:40.
Cando chegamos, as guías do meuseo dividiron o grupo en dous e fixemos un percorrido polas distintas dependencias do museo. Mentres 2º ESO A observaba un teatro de sombras que logo intentaría imitar, o alumnado de 2º ESO B visitaba a exposición de arte contemporánea. Logo os cursos intercambiamos as actividades.
FERNANDO CARRERA (2º ESO A)

No hay comentarios:
Publicar un comentario