O
día 12 de maio, 1º da ESO e PCPI
realizamos unha saída didáctica de organizada pola profesora MARTA do departamento de Ciencias Naturais, acompañada pola profesora SUSA.
Á
mañá do luns marchamos ata praia América. Alí, empezamos a camiñar. Despois de
andar un tempo, chegamos á parte baixa do Monte Lourido, no que observamos a
convivencia entre paisaxe natural e humanizada. Nesta zona, atopamos árbores
como eucaliptos e piñeiros, estes últimos, máis preto da praia. Tamén haibía gran
cantidade de rochas, como xistos.
Xa
nas marismas, vimos patos comúns e unha garciña branca, que non chegamos a identificar
ben. Ademais, a nosa profesora Marta ensinounos algunha alga
verde, como a leituga de mar.
Atravesamos
todo o camiño da Ramallosa, algúns de nós, quedaban atrás, e tiñamos que parar
numerosas veces para así volver xuntarnos.
Despois
de moito andar, por fin demos con Praia Cuncheira, situada preto de Monterreal,
Baiona. Alí puidemos merendar e descansar un chisco. Pero, a nosa profesora xa logo
empezou a movernos: “ Dez que veñan comigo
ás rochas”. Despois que eses dez fosen coa profe, os demais quedamos na
area, buscando cunchas, etc.
Atopamos
moitas, e incluso esponxas e esqueletos de ourizos (moi fráxiles).
Cando
tocou a nosa quenda, Marta falounos das actinias, dos ourizos... mentres os
compañeiros, estaban máis atentos aos cangrexos, outros non obstante meteron o
pé nas pozas “sen querer”.
Rematamos
a parada en praia Cuncheira, tocaba coller o bus para visitar o paseo fluvial do
río Fraga. Nesta zona, vimos fieitos, carrizas e numerosas flores, ademais de
zapateiros e paxaros. Algúns, tiveron mala sorte, e picáronse con ortigas. Ao
rematar o paseo, fixéronnos fotos de grupo. A verdade, foi a etapa máis
aburrida (pero polo menos á sombra) da saída.
Sabiamos
que faltaba menos para xantar, e regresar cara a praia América. Pero, quedaba
moito camiño por diante...
Cando
por fin chegamos ao parque da Ramallosa para comer, foi todo un alivio. A
partir dese momento, as profesoras, deixáronnos por libre.
Estivemos
un tempiño correndo por alí, na tirolina e nos aneis, nos que máis de un destacou, pero, tiñamos que seguir ata praia América...
Despois
dun longo paseo, e moito sol, puidemos tirarnos na area e descansar. Ou correr.
Ou tirar area. O caso é que só faltou nadar un pouco!
CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS, 1º ESO C
No hay comentarios:
Publicar un comentario