O GRUPO DA BIBLIOTECA quere desexar a todos os nosos queridos lectores un Nadal cheo de lecturas.
jueves, 28 de noviembre de 2013
ATRÍS PARA ORNAMENTAR A NOSA BIBLIOTECA
[Instantáneas da entrega de atrís por parte do alumnado e recepción de agasallos por parte dos mesmos entregados pola Biblioteca]
A profesora do departamento didáctico de Tecnoloxía PILAR CARRO, a pedimento do GRUPO DA BIBLIOTECA, levou a cabo co seu alumnado de 3º da ESO a actividade de confección de atrís como elementos decorativos e para soster fondos da nosa biblioteca, nomeadamente os cómics. O alumnado dos tres grupos de 3º da ESO que así o desexou entregou en doazón os seus traballos.
O DIRECTOR e o GRUPO DA BIBLIOTECA agradeceron tanto á profesora que coordinou os traballos como ao propio alumnado o esforzo realizado. O alumnado recibiu por parte do Grupo da Biblioteca un fermoso exemplar con capa dura da variada obra de XULIO VERNE, dedicado e asinado polo propio director e cunhas verbas manuscritas de agradecemento a cada un deles.
ARTE NA BILIOTECA
O GRUPO DA BIBLIOTECA tivo unha iniciativa artística: manter en exposición pezas artísticas no espazo da biblioteca. Desta vez temos en exposición unha obra do noso compañeiro ÁNGEL, de nome artístico PIQUICO, que amable e xenerosamente ten en exposición permanente na biblioteca, durante un tempo, a súa obra O PORCO DE PÉ, baseada na obra do noso VICENTE RISCO, obra alegórica realizada en madeira policromada, papel e moedas.
Non son poucos os alumnos que entran na nosa biblioteca soamente para ver esta escultura.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
PROXECTOS DO PLAN PROXECTA. AQUÍ PROXECTAMOS MOITO!!!
Cada vez involucrámonos máis nos distintos plans do PLAN PROXECTA. Claro que iso ten unha sinxela explicación, detrás desta variada participación está a alma CrEaTiVa e afoutada da nosa ALMUDENA, que turra de todos nós para que nos mergullemos en tan apaixonantes aventuras cos nosos rapaces.
Pois este curso estamos inmersos nos seguintes programas:
- CLASES SEN FUME (1º ESO)
- SALVAVIDAS (1º e 2º ESO)
- MONTENTÉRATE (3º ESO)
- O MONTE VIVO (2º ESO)
- GALICONS-NET (4º ESO)
- POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE (4º ESO)
- METEOESCOLAS (3º ESO)
- QUÉROTE + (3º ESO)
QUE, METEMOS UNHA VACA NO ACUARIO? POIS VALE...
A CASA DAS CIENCIAS da Coruña convocou un concurso de deseños que leva por nome METE UNHA VACA NO AQUARIUM. Trátase de decorar unha vaca con motivos relacionados coa acuicultura. O deseño ganador servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da nova exposición do Aquarium Finisterrae sobre acuicultura.
Por que unha vaca?
De xeito similar a como ocorreu no Neolítico, cando o desenvolvemento da agricultura e a gandaría constituíu unha revolución, nos nosos tempos a acuicultura representa outra revolución dos cultivos, neste caso mariños.
Así, a vaca, un dos primeiros animais que se domesticaron naquela época antiga, terían o seu equivalente actual nos peixes e demais especies do mar obxecto da acuicultura.
Por iso os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, co obxectivo de atopar un símbolo da revolución da acuicultura, que se incorporará ás súas salas de exposicións.
O noso instituto presentou a este orixinal concurso de deseños creativos e orixinais un total de 29 vacas feitas por alumnado de 1º de ESO e unha escolma dos seis mellores de 4º da ESO.
Muuuuuuuuuuuita sorte, rapaces!
4º ESO
1º ESO
sábado, 23 de noviembre de 2013
ENREDÁMONOS NAS REDES?
O día 13 de novembro, o alumnado de 4º da ESO asistiu a unha charla no auditorio municipal cuxo tema principal foi a violencia de xénero, e que se estendeu durante mais dunha hora.
O tema foi exposto por IANIRE ESTÉBANEZ, quen viviu o inicio do que podería ter rematado nun caso de violencia de xénero e que, desde esa experiencia agora decidiu alertar á mocidades destes perigos a través de charlas. O seu obxectivo é que a mocidade sexa consciente de que a violencia de xénero non só é "violencia" en si, e que non só ocorre entre parellas adultas. Ianire, xa afeita a dar charlas deste tipo, soubo converter o seu "discurso" en algo máis lixeiro, dándolle un toque de humor.
Á parte dos dous temas mencionados anteriormente, tamén se trataron os estereotipos, as amizades, Internet, "as amizades e Internet", a influencia das redes sociais na vida das persoas e os problemas ou percances que poden causar, etc. Foi realmente interesante.
Acompañáronnos as profesoras Rosa, Eugenia e mais María José.
SARA FERNÁNDEZ
martes, 12 de noviembre de 2013
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO IES CARLOS CASARES. 2ª XEIRA
Renovado e ampliado o antigo Club de Lectura do Profesorado, agora pasa a denominarse CLUB DE LECTURA DE ADULTOS do IES Carlos Casares, pois este curso, grata noticia, súmase ao noso club persoal non docente do centro.
Somos xa dezaoito os lectores pertencentes a este club, catro máis que o curso pasado. Hai renovados azos de lectura compulsiva entre os membros do club.
A xuntanza, que tivo lugar o pasado luns 11 de novembro, San Martiño, consistiu, como o curso pasado, primeiramente nunha comida de confraternización lectora, un suculento cocido que nos serviron Celia e mais Tina (membro agora esta última do noso club, unha das novas fichaxes) adobiado con sobremesas "merinas", unha espléndia bica e mais unhas non menos saborosas papas de arroz.
E logo, xa na biblioteca e en animada conversa, a comentar os libros asignados para lectura durante os meses estivais. Apenas tempo tivemos para dar conta de senllas lecturas e mais para achegar suxestións para a lectura deste trimestre.
Desta vez temos tres propostas de lectura, a dar conta delas logo das vacacións de Nadal:
- CLARA SÁNCHEZ: El cielo ha vuelto
- MANUEL RIVAS: As voces baixas
- JULIA NAVARRO: Dispara, que yo estoy muerto
FELICES LECTURAS
viernes, 1 de noviembre de 2013
SAMAGOSTÍN [En construción]
DIMINÚE A PARTICIPACIÓN NO SAMAGOSTÍN
Pois si, meus, a festa decae. A ver, haber aínda había xente disfrazada...; medo... a verdade non daban moito medo, pero había algúns disfraces moi aqueloutrados. En fin, os que nos disfrazamos pasámolo ben.
Amenizaron os concursos Jesús e Martín Giráldez, co seu peculiar humor. Ao final, xunto co seu irmán Bruno, agasalláronnos cun saborosísimo e moi enxeñoso sketch relacionado co tenis. Estiveron moi ben. Foi a única actuación que houbo este ano; tamén nisto decaeu a festa.
Polo escenario foron pasando case todos os disfrazados e contándolles aos presentadores algo do seu disfraz. Tamén puidemos ver un grupo de profesores e dous alumnos disfrazados de Familia Addams.
GANADORES DOS DISTINTOS CONCURSOS
CABAZAS:
1º:
2º:
TORTAS ELABORADAS CON CASTAÑAS:
1º:
2º:
DISFRACES:
1º:
2º:
3º:
Velaquí unha escolma dos disfraces que desfilaron (ou non) pola pasarela do escenario do salón de actos.
Pois si, meus, a festa decae. A ver, haber aínda había xente disfrazada...; medo... a verdade non daban moito medo, pero había algúns disfraces moi aqueloutrados. En fin, os que nos disfrazamos pasámolo ben.
Amenizaron os concursos Jesús e Martín Giráldez, co seu peculiar humor. Ao final, xunto co seu irmán Bruno, agasalláronnos cun saborosísimo e moi enxeñoso sketch relacionado co tenis. Estiveron moi ben. Foi a única actuación que houbo este ano; tamén nisto decaeu a festa.
Polo escenario foron pasando case todos os disfrazados e contándolles aos presentadores algo do seu disfraz. Tamén puidemos ver un grupo de profesores e dous alumnos disfrazados de Familia Addams.
GANADORES DOS DISTINTOS CONCURSOS
CABAZAS:
1º:
2º:
TORTAS ELABORADAS CON CASTAÑAS:
1º:
2º:
DISFRACES:
1º:
2º:
3º:
Velaquí unha escolma dos disfraces que desfilaron (ou non) pola pasarela do escenario do salón de actos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)