Renovado e ampliado o antigo Club de Lectura do Profesorado, agora pasa a denominarse CLUB DE LECTURA DE ADULTOS do IES Carlos Casares, pois este curso, grata noticia, súmase ao noso club persoal non docente do centro.
Somos xa dezaoito os lectores pertencentes a este club, catro máis que o curso pasado. Hai renovados azos de lectura compulsiva entre os membros do club.
A xuntanza, que tivo lugar o pasado luns 11 de novembro, San Martiño, consistiu, como o curso pasado, primeiramente nunha comida de confraternización lectora, un suculento cocido que nos serviron Celia e mais Tina (membro agora esta última do noso club, unha das novas fichaxes) adobiado con sobremesas "merinas", unha espléndia bica e mais unhas non menos saborosas papas de arroz.
E logo, xa na biblioteca e en animada conversa, a comentar os libros asignados para lectura durante os meses estivais. Apenas tempo tivemos para dar conta de senllas lecturas e mais para achegar suxestións para a lectura deste trimestre.
Desta vez temos tres propostas de lectura, a dar conta delas logo das vacacións de Nadal:
- CLARA SÁNCHEZ: El cielo ha vuelto
- MANUEL RIVAS: As voces baixas
- JULIA NAVARRO: Dispara, que yo estoy muerto
FELICES LECTURAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario