miércoles, 27 de noviembre de 2013

QUE, METEMOS UNHA VACA NO ACUARIO? POIS VALE...



A CASA DAS CIENCIAS da Coruña convocou un concurso de deseños que leva por nome METE UNHA VACA NO AQUARIUM. Trátase de decorar unha vaca con motivos relacionados coa acuicultura. O deseño ganador servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da nova exposición do Aquarium Finisterrae sobre acuicultura.

Por que unha vaca?
De xeito similar a como ocorreu no Neolítico, cando o desenvolvemento da agricultura e a gandaría constituíu unha revolución, nos nosos tempos a acuicultura representa outra revolución dos cultivos, neste caso mariños.
Así, a vaca, un dos primeiros animais que se domesticaron naquela época antiga, terían o seu equivalente actual nos peixes e demais especies do mar obxecto da acuicultura. 
Por iso os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, co obxectivo de atopar un símbolo da revolución da acuicultura, que se incorporará ás súas salas de exposicións.

O noso instituto presentou a este orixinal concurso de deseños creativos e orixinais un total de 29 vacas feitas por alumnado de 1º de ESO e unha escolma dos seis mellores de 4º da ESO.

Muuuuuuuuuuuita sorte, rapaces!

4º ESO



1º ESO













No hay comentarios: