sábado, 26 de abril de 2014

1º E 2º DE ESO EN CINENSINO






Preto de 180 alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron o xoves 24 de abril no Cine Salesianos á proxección da película El Chef: la receta de la felicidad, dentro do Programa Cinensino. Acompañaron o alumnado as profesoras DORINDA, MARTA, BEGOÑA, LOURDES, XEMMA e ROSA. 
 O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no campo escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

O día 24 de abril os grupos de 1º e 2º da ESO fomos ao cine Salesianos, situado na rúa Venezuela, co propósito de ver unha película proposta por CINENSINO, “un programa para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos comportamentais no eido escolar”.        

 A película, titulada El Chef, la receta de la felicidad, trataba sobre a vida de  dous cociñeiros franceses chamados Jacky Miloo e Alexandre Lagarde. A Jacky non lle duraban moito os traballos que atopaba porque era moi esixente cos pratos que preparaba e non levaba ben as críticas que recibía. Despois de varios intentos, chegoulle a gran oportunidade ofrecida por Alexandre Lagarde, un cociñeiro moi famoso en Francia que necesitaba urxentemente ideas novas. Foi tal o traballo de Jacky ao conseguir facer el só a carta de primavera do mellor restaurante francés que sorprendeu moito ao chef Alexandre Lagarde, logrando así o posto de cociñeiro xefe. A isto sumouse a ledicia de saber que acababa de ser pai.
Ao rematar a película, dirixímonos cara aos autobuses que nos levaron de volta ao instituto, coa sorpresa de saber que tiñamos que traballar na clase sobre o tema da película, e coa intriga de sabermos que relación tería a droga coa comida...

RODRIGO LEGERÉN VIEYTES (2º ESO A)

No hay comentarios: