domingo, 20 de abril de 2014

O NOSO ALUMNADO QUE SAÍU DO CENTRO EN 2º BACH O CURSO PASADO ACONSELLA AOS 1os. BACH




Sempre nos pareceu boa idea, e sempre o agradeceu o alumnado de 1º de Bacharelato. O alumnado que cursou o ano pasado 2º de Bach e que agora está matriculado en diversos estudos superiores visitounos para nos falar das súas experiencias nesa nova andaina da súa vida.


Uns alumnos que estiveron o ano pasado en segundo de bacharelato e agora están cursando unha carreira na Universidade ou un ciclo formativo, viñeron de visita ao Carlos Casares para falarnos de como foi a súa experiencia no primeiro curso de carreira ou de ciclo, explicarnos tamén como foi para eles a selectividade, como son as materias que están cursando na actualidade, se viven nun piso ou seguen con familiares... E déronnos moitos consellos.

Contáronnos que algún deles se puxo moi nervioso na selectividade e que saíulle moi mal, outros dixeron que fora moi fácil e insistiron en que foramos tranquilos a facela, outros opinaron que os ciclos non son tan malos como eles mesmos crían e que están encantados con eles.Un dos alumnos está estudando audiovisuais en Burgos, moitos están en Santiago, un en Pontevedra e outros cantos permanecen en Vigo.

Pasamos uns bos momentos con eles e déronnos moitos consellos útiles para o noso futuro.

MARTÍN GIRÁLDEZ (1º BACH E)


No hay comentarios: