miércoles, 19 de noviembre de 2014

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Un ano máis participamos en Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Nesta cuarta edición, a temática elixida é a Ciberviolencia de Xénero na mocidade, co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Así, o noso alumnado traballou as diferentes manifestacións desta ciberviolencia (sexting, sextorsión, ciberbullyng e grooming) con diferentes accións:
  • Relatos virtuais. Manifestacións de ciberviolencia en WhatsApp coa súa resolución. 1º da ESO con Eugenia en lingua castelá. Podedes velos aquí.
  • Expresión artística. Unha obra por cada 1º da ESO expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro con Almudena en plástica.
  • Tapiz humano na rúa de Urzaiz o día 25 de novembro. 1º ESO A, B e C e 2º ESO C coas respectivas titoras, Bea, Almudena, Eugenia e Ana.
Alí os monitores e monitoras do Concello fixéronos bailar, xogar ao pano, probas de remudas...


 
Para tal evento 2º da ESO C realizou unha figura  vestida coas diferentes redes sociais para simbolizar que podemos servirnos destes medios de maneira positiva e non para controlar ou acosar aos demais.

domingo, 16 de noviembre de 2014

O noso IES representa a Galicia na CONFINT




Catro alumn@s de 4º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo representan a nosa Comunidade Autónoma na II Conferencia Estatal de mozas e mozos:
Coidemos o Planeta (Confint) que se celebra en Barcelona do 12 ao 15 de novembro. 
Confint é un proceso de educación ambiental que traballa a dimensión local e global da crise medioambiental desde biodiversidade, cambio climático, paisaxe...
Nesta II Conferencia poñerase de manifesto o compromiso da xuventude coa sostibilidade de Galicia, tema que no
Carlos Casares vén sendo traballado xa desde o ano 2007. 

E... que fixeron Adrián, Laura C., Laura M. e Marta?
Primeiro presentaron un mapa cos problemas medioambientais de Galicia. Explicaron como traballamos na nosa Comunidade con iniciativas como o Plan Proxecta da Consellería de Educación  en colaboración coas de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Medio Rural e do Mar. E despois fixeron un percorrido polo traballo realizado no instituto estes anos, a través de proxectos interdisciplinares e cooperativos, especialmente nos últimos  catro  cursos, desde que el@s chegaron ao centro. 



Máis información aquí.

sábado, 8 de noviembre de 2014

FESTIVAL DE SAMAGOSTÍN 2014

PREMIO DE DISFRACES DE COMPARSA
JESÚS GIRÁLDEZ
MARTÍN GIRÁLDEZ
XIAN FARO







PREMIOS DE DISFRACES INDIVIDUAIS
EX AEQUO:

UXÍA COSQUET
DIEGO ANIDO



Pero houbo moitos máis disfraces, máis terroríficos, menos terroríficos... Houbo de todo... E creo que máis e mellor que o curso pasado. Botade unha ollada...




































































































domingo, 2 de noviembre de 2014

"As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", en Vigo

Hoxe e mañá represéntase na nosa cidade "un disparate continuo de movemento e de fantasía", como o mesmo Carlos Casares describiu.
Teríanos gustado levar o noso alumnado a gozar desta estupenda adaptación dirixida por José Caldas onde os personaxes de Casares falan tamén a través de instrumentos musicais e nos transportan ao máxico mundo do circo cunha escenografía que xoga coa abstracción.
Ademais, na obra intégrase o conto A galiña azul acentuando, máis se cabe, a fantasía.
Mágoa que mañá non teñamos clase... pero estades a tempo de ir pola vosa conta. Animádevos, paga a pena!


sábado, 1 de noviembre de 2014

SAMAGOSTÍN 2014. CONCURSO DE CABAZAS

Velaquí a nosa ganadora do
 CONCURSO DE CABAZAS:

NOA GARCÍA NOGUEIRAS, 1º ESO C
NORABOA!!!


Vai aquí o resto de cabazas que se presentaron ao concurso:


 CABAZA GANADORA