domingo, 29 de marzo de 2015

Irremediablemente, Leo foise

Pois si, levaba máis dun ano dándolle voltas.
Nós fixemos todo o posible para evitar que marchase..., o director intentou disuadilo (comerlle o coco, raialo...), invocamos o deus da dinamización lingüística (que é un deus do Olimpo galego) e para máis " inri" era venres de dores (Kit Kat cultural).

Entre risas e choros, cun unísono " Leo, queda", despedimos a quen para esta comunidade educativa foi o mellor compañeiro e profesor.

Grazas, Leandro.

Velaquí algunhas fotos do acto e as presentacións que lle fixemos.




















Aproveito para comunicar o peche deste blog en espera do lanzamento, o vindeiro 18 de maio, de MANDA CARALLO ( a revista do noso IES creada por Leandro e o noso alumnado) dixital, que absorberá estes contidos.

Recíclate con Sogama ( plan Proxecta)





O alumnado de 3º e 4º realiza esta exposición interdisciplinar ( ciencias, Miguel e plástica, Piquico) con material de refugallo para dotar de nova vida a obxectos xa inservibles para o seu cometido e á vez coidar do medio ambiente. Xa sabedes as tres R ( reducir, reutilizar e reciclar).


miércoles, 25 de marzo de 2015

Dúas alumnas premiadas e nove destacadas no II Concurso Picasso coruñés

Andrea e Nerea de 1º da ESO B resultaron galardoadas co premio á mellor ilustración no concurso de periodiquillos que convoca A Coruña por ano consecutivo e que pretende dar a coñecer entre os nosos escolares a etapa coruñesa de Picasso nos seus anos adolescentes, cando comenzou a pintar.

Para máis información pica aquí

Os traballos, realizados de xeito interdisciplinar ( linguas e plástica ) pretendían emular os periodiquillos que Picasso elaborou durante a súa estadía na cidade herculina. O xurado destacou pola súa calidade os xornais de Helena e Irene, Laura Alonso e Nerea Fernández de 1º A, Olalla de 1º B, Claudia e María González, Antía e Elda de 1º C.






miércoles, 18 de marzo de 2015

Primeiro Ciclo da ESO en CINENSINO


"El camino de vuelta" é unha película sobre a importancia da autoestima. Duncan, o introvertido adolescente protagonista encontra, no transcurso das vacacións de verán, o seu lugar e a forza suficiente para enfrontarse ao seu padrastro.





miércoles, 11 de marzo de 2015

Merecido terceiro posto na XI edición de LIGAMATS


Enrique, María, Mariana e Lucía de 2º ESO A concentrad@s na resolución dos problemas na fase final da liga.




martes, 3 de marzo de 2015

O noso alumnado de 2º da ESO nos talleres de IMATXINA da Fundación Barrié

Matemáticas a través de talleres de crebacabezas, espellos, cubo somas, pentominós, tamgrams, estatística... e unha exposición sobre ilusións ópticas.