sábado, 17 de mayo de 2008

CONCURSO DE CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Outra vez máis premios!! Nesta ocasión é o terceiro premio do Concurso do Corte Inglés no Día das Letras Galegas, o cartel ganador é de Estefanía Vilas González de 1º A de ESO. Hai tamén un accésit que non levou premio pero está exposto, de Andrea tamén de 1º A de ESO. Noraboa ás dúas e a todos os que participástedes. Para nós son os carteis máis bonitos que se presentaron na exposición.
Estamos seguros que teñen que saír varios artistas plásticos de entre o noso alumnado, senón ide anotando a cantidade de premios que están levando... e que conste que o xurado que os premia é xente moi esixente...

domingo, 11 de mayo de 2008

PREMIO EDUCACIÓN VIARIA. LUGO

Outro ano mais os nosos alumnos levan premios!!!
Noraboa.
A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos asistiron xunto con unhas profesoras á recollida de premios e festa de educación viaria de Lugo. Nin que dicir cabe que o pasaron en grande, senón mirade as fotos...

O alumno ganador foi Artai López Carrera de 1ºA ( 2º Premio da súa categoría). Noraboa Artai e a todos e todas as que participástedes.
Estamos orgullosos de vós.

miércoles, 23 de abril de 2008

XA FOI A FINAL DE SPELLING...


Xa foi a final... e non imos a Canadá, pero chegamos ata o mais alto. Se queres leer máis sobre esta fase final, podes entrar nesta páxina do Faro de Vigo.
Ánimo e noraboa para todos e todas as que participastes e, tamén, para os que gañaron. Boa viaxe.

martes, 8 de abril de 2008

VISITA Ó FORUM ORIENTA 08 NO IFEVI en VIGO

Os alumnos e alumnas de Bacharelato, como tódolos anos, visitaron o Forum Orienta que cada ano organiza a Consellería de Educación xunto coas Universidades de Galicia. Creo que buscaron e rebuscaron información. Probaron algunha actividade, asistiron a Conferencias... Algún atopou o que será a profesión da sua vida...

Alí poideron visitar estands das Universidades, dos centros de Formación Profesional. Estes últimos tiñan demostracións moi interesantes, sobre todo os de Hostelería ¿non si? ;-).

miércoles, 2 de abril de 2008

SPELLING BEE: FASE FINAL


A participación dos nosos alumnos e alumnas no 2º Concurso Interescolar de Deletreo en Inglés que organiza Schoolhouse vai por bo camiño. Iso é así e os alumnos de 4º B da ESO: Ricardo Lago Daponte, Diana Mojón Álvarez e Sabela de Dios Paz pasaron á fase final que se celebrará o 22 de abril.
Enhoraboa e sorte!

martes, 25 de marzo de 2008

UN CORTO ECOLÓXICO

Os alumnos David Lorenzo e Alvaro Martín de 1º A de ESO fixeron esta curtametraxe.
Bueno, fixeron unha curtametraxe mais ampla, pero necesidades da edición do Blog, obrigáronnos a poñer só esta 1ª parte.

Animo Alvaro e David. Sodes uns bós realizadores... Moi boa a presentación.

lunes, 17 de marzo de 2008

REFORESTANDO O MONTE

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participan no coidado do monte.

Monte veciñal de Pazos (Ponte Caldelas)

Así, como di os eslogan: «Todos disfrutamos dun monte vivo....».

Alí estiveron alumnas e alumnos do IES Carlos Casares de Vigo, plantando salgueiros, bidueiros, amieiros e carballos.

Arbores autóctonos que nos axudarán a facer un monte vivo e fermoso e, tamén, a loitar contra o lume, pois son especies menos pirófitas e son as especies que sempre estiveron nos nosos montes desde hai moitos, moitos anos.

Gracias por axudar a que a nosa terra sexa un pouco mais fermosa....