Co premio do SERGAS os alumnos foron premiados con unha saída, eles quixeron facer actividades de multiaventura e alí fomos. As fotos están por orden, primeiro metímonos na cova, despois descargaron adrenalina xogando ó paintball, remamos polo Sella, treparon no rocódromo e afinaron a súa puntería co arco. O seu comportamento e respecto ás normas foi perfecto e pasámolo moi ben. Marcelino, o noso conductor estivo sempre ó noso carón (aínda que non puido meterse na funda de paintball).
viernes, 20 de junio de 2008
domingo, 15 de junio de 2008
MAIS PREMIOS DE PINTURA!!!

5º CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA
Celebrouse o concurso de pintura rápida ó aire libre organizado por El Corte Inglés e a
Asociación Xuvenil Areas. O tema a pintar foi a Praza de Compostela e o noso centro obtuvo o premio á mellor labor de conxunto. Nove alumnos e alumnas de 2º de la ESO (Carlota, María
José, Natalia, Teresa, Adrián, André, Marcial, Ricardo e Yago) e Carla de 3ºA fixeron posible éste premio despois de pasar unha agradable mañá de sábado pintando cada un coa súa técnica favorita. Máis información e foto da entrega de premios en http://www.vigometropolitano.com/news/201/ARTICLE/8336/2008-06-14.html.

Naroboa outra vez máis...
martes, 10 de junio de 2008
PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO E LEMAS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES

Unha alumna do Instituto Carlos Casares de Vigo ven de levar o primeiro premio de debuxo e lemas para fomentar entre os escolares o coñecemento da doación e transplantes de órganos convocado polo SERGAS e a Consellería de Educación. A galardonada é Silvia Rodríguez Estévez de 2º de ESO C. Máis información e os traballos ganadores na páxina do SERGAS
Noraboa a Silvia e a todos os que participástedes neste concurso.
Os vosos traballos parécennos de moi boa calidade e o premio moi merecido. Esperamos que sigades levando premios nesta e noutras actividades.
domingo, 8 de junio de 2008
DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO

Vanse os alumnos de 2º de Bacharelato... estiveron algúns anos con nos (algúns ata 6 anos) e con eles pasamos momentos bós e momentos de máis estrés: exames... pero sempre gardaremos un bó recordo da vosa estancia no Instituto.Agora agárdavos unha nova etapa. Estudios universitarios, ciclos superiores... traballo.
O noso desexo é que vos vaia ben e que teñades éxito en todo aquelo que vos propoñades.
Merecédelo.
Ata sempre: vos xa sabedes onde estamos e que podedes contar con todos nos.
miércoles, 21 de mayo de 2008
SPOT PARA O PROXECTO ERA
OS ALUMNOS/AS de 1º DE BACHARELATO REALIZAN UN SPOT PARA O PROXECTO ERA. Vaise chamar ECOCOMPROMISO e móstranos o compromiso do home coa natureza nun enlace matrimonial. A natureza (representada por Estela) leva como invitados árbores, auga e vento, o home (noivo, representado por Adrián Piñán) recitará unha serie de frases que lle comprometerán de por vida coa natureza. Pronto colgaremos o vídeo final pois xa o están montando.
sábado, 17 de mayo de 2008
CONCURSO DE CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Outra vez máis premios!! Nesta ocasión é o terceiro premio do Concurso do Corte Inglés no Día das Letras Galegas, o cartel ganador é de Estefanía Vilas González de 1º A de ESO. Hai tamén un accésit que non levou premio pero está exposto, de Andrea tamén de 1º A de ESO. Noraboa ás dúas e a todos os que participástedes. Para nós son os carteis máis bonitos que se presentaron na exposición.
Estamos seguros que teñen que saír varios artistas plásticos de entre o noso alumnado, senón ide anotando a cantidade de premios que están levando... e que conste que o xurado que os premia é xente moi esixente...
domingo, 11 de mayo de 2008
PREMIO EDUCACIÓN VIARIA. LUGO
Outro ano mais os nosos alumnos levan premios!!!
Noraboa.
A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos asistiron xunto con unhas profesoras á recollida de premios e festa de educación viaria de Lugo. Nin que dicir cabe que o pasaron en grande, senón mirade as fotos...
O alumno ganador foi Artai López Carrera de 1ºA ( 2º Premio da súa categoría). Noraboa Artai e a todos e todas as que participástedes.
Estamos orgullosos de vós.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)