jueves, 14 de julio de 2011

3º DA ESO EN GANDARÍO, 2010



Os alumnos e alumnas que agora estamos en 4º da ESO, o ano pasado fomos de excursión de fin de curso ó Albergue Xuvenil de Gandarío. Estivemos alí dende o 24 ó 28 de maio. Cando chegamos alí, dividíronnos en dous grupos: Planeta Litoral 1 e Planeta Litoral 2. Estivemos con outros rapaces e rapazas de Boiro. Fixemos moi boas migas dende o primeiro momento. Había dormitorios de 5 ou de 6 alumnos.
Fixemos moitas actividades. Entre elas vela, sendeirismo, fomos en catamarán, estivemos nas rías de Ferrol, Ares, Betanzos... Un dos días tamén estivemos nun laboratorio facendo experimentos con area e cunchas. Todas as noites faciamos xogos no exterior. Fixemos unha caminada polo monte, ata chegar a unha cima onde había un museo. Foi a peor actividade de todas, porque á parte de chover, tivemos que andar moito.
Todos os día nos espertaban coa canción de: “Eu quero marcha, marcha, eu quero marcha, marcha, ti queres, marcha”. Polas noites había unha reunión co director do campamento que nos preguntaba as novas e felicitaban ou rifaban polo noso comportamento.
O último día regaláronnos unhas camisetas que todos firmamos para telas de recordo. Con algúns dos rapaces e rapazas de Boiro aínda temos algún contacto, mesmo algún de nós foi en verán a facerlles unha visita.
A despedida foi bastante emotiva, collémonos moito cariño uns os outros. En definitiva, foi unha moi boa excursión.

ANDREA LÓPEZ e ANTÍA LÓPEZ (4º ESO B)

lunes, 11 de julio de 2011

CONCURSO “¿QUE ES UN REI PARA TI?” 2010

CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ, GANADORA ABSOLUTA A NIVEL GALLEGO EN EL AÑO 2010, ACTUALMENTE EN 2º ESO A

LOS 4 FINALISTAS DE NUESTRO INSTITUTO, TODOS DE 1º A DEL CURSO PASADO, HOY EN 2º A




Nuestra alumna, el curso pasado en 1º ESO A, CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ ganó el curso pasado el 1er. premio absoluto del concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?" a nivel gallego. Su trabajo fué premiado de entre más de otros 2.000 trabajos a nivel de Galicia y fué recibida por El Rei el 28 de junio del año pasado, junto con otros finalistas de otras comuninades autónomas.

Su trabajo era unha biografía del Rei desplegable a la que le dedicó mucho tiempo.

Lo que son las coincidencias de la vida, algunos de sus antepasados trabajaron en su día para la casa real.

ENHORABUENA, CARMELA! Y GRACIAS POR DIFUNDIR EL NOMBRE DE NUESTRO CENTRO POR LOS MEDIA!

Este es el enlace a la noticia del FARO DE VIGO:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/06/01/zarzuela-biografia-desplegable/443736.html
E tamén en LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/06/23/0003_8567407.htm

domingo, 20 de marzo de 2011

ENTROIDADA 2011 NO ICC




































Como todos os anos, o pasado venres 4 de marzo celebrouse no centro o tradicional FESTIVAL DE ENTROIDO, organizado pola Vicedirección do centro e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística. A verdade é que, malia seren moi bos a maioría de comparsas e disfraces individuais que se presentaron a concurso, cada vez é menor o número de xente que se disfraza e que compite no concurso pois saberedes que ultimamente hai non pouca xente que se disfraza e que logo, non sabemos se por pánico escénico, non sobe ao estrado.

Presentou o festival o noso prezado IAGO GUIRADO, xa con táboas, que ía esmiuzando os segredos dos máis requintados disfraces.

Aló se puxo a deliberar o xurado que, por certo, este ano contaba coa presenza da nosa querida Susan, que veu das terras irlandesas para nos honrar neste Entroido.

A revelación deste ano foi o grupo musical xurdido entre os melómanos de 1º de Bacharelato, e aló se nos lanzaron, puro rock, o Brais (guitarra), o Marcial (teclados) e mais o propio Iago Guirado (percusión) . Unha gozada, a verdade. A ver se se deciden a formar grupo!

Un consello: a ver se para o curso que vén nos disfrazamos máis, do contrario non vaia ser que a dirección do centro decida suspender o festival por falta de quorum disfrazado.


PREMIOS:


GRUPO: PURO ROCK: BRAIS PÉREZ, MARCIAL RGUEZ. Q. e IAGO GUIRADO


INDIVIDUAIS:

1º PREMIO: O SIRENO: TERESA GCÍA. GLEZ.

2º PREMIO: SOLDADIÑOS DE TOY STORY: SAÚL CASAL e HÉCTOR GATO

3º PREMIO: CARMELA GCÍA. GLEZ.










sábado, 19 de marzo de 2011

3º B VISITA AS IGREXAS ROMÁNICAS DE VIGO



O pasado xoves 17 de febreiro, o curso de 3º B visitou, dentro do Programa Vigo por Dentro e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do centro, as igrexas románicas de Santa María de Castrelos e Santiago de Bembrive.
Coa axuda da agradable e simpática monitora Eva (do Programa Vigo por Dentro), que nos foi introducindo nas características do Medievo, tanto culturais como artísticas, fomos aprendendo, de forma amena e ante as inclemencias do tempo, que se poñía na nosa contra, os elementos característicos da arte románica que perviven nos arredores da nosa cidade.
Acabamos controlando tanto os trazos fundamentais da arte románca que na segunda igrexa que visitamos, Santiago de Bembrive, xa case non precisabamos da orientación da nos monitora, xa eramos nós mesmos os que atopabamos as características xa estudadas na anterior igrexa. Por certo, a monitora quedou moi contenta co grupo pois foi sempre moi participativo e prestou atención e todo momento.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

YELKO VEIGA QUINTAS (2º BACH E) GANA UN PREMIO DO CONCURSO "A QUÍMICA A TRAVÉS DO CÓMIC"


"Tiveron que pasar 40 anos dende a patente do CELULOIDE (piroxilina: nitrato de celulosa con alcanfor e alcohol) e o descubrimento da BAQUELITA para que no ano 1920 HERMANN STAUDIGNER descubrira a súa descomposición en macromoléculas. Xa nos anos 30 se empregaba o NAILON nos paracaídas das forzas armadas estadounidenses da 2ª Guerra Mundial e aparecen as medias, para chegar ao POLIETILENO e o PROPILENO (os dous plásticos máis empregados na actualidade e premio Nobel de Química en 1963)" [Texto que acompaña a páxina do calendario]


YELKO VEIGA QUINTAS, alumno de 2º BACH E, ganou un dos 12 premios do CONCURSO DE CÓMIC: “A Química a través do Cómic” que con motivo do Ano Internacional da Química, convocaba o Colexio Oficial de Químicos de Galicia – Asociación de Químicos de Galicia para elaborar un calendario do ano 2011. O calendario conta con doce follas, unha por cada mes, e cada unha delas tiña que estar dedicada a un elemento ou composto químico.
O traballo presentado por Yelko foi elixido entre máis de 120 participantes de toda Galicia. Noraboa, Yelko!
Poden verse os traballos premiados en NATURNOVA, Centro Interactivo de Educación Medioambiental de NOVA CAIXA GALICIA, en Vigo, no Centro Social desta entidade bancaria.
Temos moi bos alumnos no noso instituto, temos nivel!

jueves, 16 de diciembre de 2010

NADAL + LIBROS -> BOA IDEA!, APÚNTOME

Pois si, éche unha moi boa idea: neste Nadal, pon un libro na túa mesa de noite, no teu recuncho, no teu sofá preferido... onde queiras, pero PON UN LIBRO NO TEU NADAL. Esa é a idea que o instituto nos quere transmitir para este Nadal. Xa temos ambiente nadaleiro no instituto, como poderiades observar. E que luxo de lámpada de Nadal, de deseño puro! Pois xa sabedes, velaí tedes a caixa para que introduzades nela as vosas suxestións de libros para que o noso centro os merque e os ofreza en préstamo na nosa biblioteca, e unha morea de libros estrados na mesa para que collades o que vos pete. FELICES FESTAS A TODOS!

domingo, 28 de noviembre de 2010

1º ESO A NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO


O pasado xoves 25 de novembro, organizada polo departamento de Plástica e a Vicedirección, dentro do programa VIGO POR DENTRO, o alumnado de 1º ESO A, acompañado pola súa profesora Almudena, realizaron unha visita cultural á ESCOLA DE ARTES E OFICIOS de Vigo. Eramos o primeiro centro que realizaba unha visita a esta institución dentro do programa "Vigo por dentro", que por outra parte é das poucas do devandito programa que se adecúa aos contidos da materia de Plástica en si.
A visita comezou o seu percorrido pola biblioteca para logo visitarmos as aulas de debuxo, pintura (a esta aula corresponde a momentánea que enriba inserimos) e, por último, talla. Os nosos alumnos e alumnas aproveitaron a visita, pero quedaron coas ganas de tocar coas mans algunha obra e tamén de probar algunhas técnicas... Así acometerán con moitas máis ganas os programas da materia cando cheguen a 4º da ESO, pois daquela xa terán utilizado pastel, óleo e mesmo terán feito algo de talla e de gravado.
Na viaxe de volta no autobús cara ao instiuto aproveitamos para felicitar a MARÍA e mais a SARA polos seus respectivos aniversarios.