miércoles, 23 de abril de 2008

XA FOI A FINAL DE SPELLING...


Xa foi a final... e non imos a Canadá, pero chegamos ata o mais alto. Se queres leer máis sobre esta fase final, podes entrar nesta páxina do Faro de Vigo.
Ánimo e noraboa para todos e todas as que participastes e, tamén, para os que gañaron. Boa viaxe.

martes, 8 de abril de 2008

VISITA Ó FORUM ORIENTA 08 NO IFEVI en VIGO

Os alumnos e alumnas de Bacharelato, como tódolos anos, visitaron o Forum Orienta que cada ano organiza a Consellería de Educación xunto coas Universidades de Galicia. Creo que buscaron e rebuscaron información. Probaron algunha actividade, asistiron a Conferencias... Algún atopou o que será a profesión da sua vida...

Alí poideron visitar estands das Universidades, dos centros de Formación Profesional. Estes últimos tiñan demostracións moi interesantes, sobre todo os de Hostelería ¿non si? ;-).

miércoles, 2 de abril de 2008

SPELLING BEE: FASE FINAL


A participación dos nosos alumnos e alumnas no 2º Concurso Interescolar de Deletreo en Inglés que organiza Schoolhouse vai por bo camiño. Iso é así e os alumnos de 4º B da ESO: Ricardo Lago Daponte, Diana Mojón Álvarez e Sabela de Dios Paz pasaron á fase final que se celebrará o 22 de abril.
Enhoraboa e sorte!

martes, 25 de marzo de 2008

UN CORTO ECOLÓXICO

Os alumnos David Lorenzo e Alvaro Martín de 1º A de ESO fixeron esta curtametraxe.
Bueno, fixeron unha curtametraxe mais ampla, pero necesidades da edición do Blog, obrigáronnos a poñer só esta 1ª parte.

Animo Alvaro e David. Sodes uns bós realizadores... Moi boa a presentación.

lunes, 17 de marzo de 2008

REFORESTANDO O MONTE

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participan no coidado do monte.

Monte veciñal de Pazos (Ponte Caldelas)

Así, como di os eslogan: «Todos disfrutamos dun monte vivo....».

Alí estiveron alumnas e alumnos do IES Carlos Casares de Vigo, plantando salgueiros, bidueiros, amieiros e carballos.

Arbores autóctonos que nos axudarán a facer un monte vivo e fermoso e, tamén, a loitar contra o lume, pois son especies menos pirófitas e son as especies que sempre estiveron nos nosos montes desde hai moitos, moitos anos.

Gracias por axudar a que a nosa terra sexa un pouco mais fermosa....

jueves, 28 de febrero de 2008

CONCURSO DE CARTEIS. «PROXECTO ERA»

Os alumnos do Instituto confeccionaron estes carteis, que pretenden concienciarnos a todos e a todas da necesidade de impulsar unha defensa forte do medio no que nos toca vivir e no que lles tocará vivir ós nosos descendentes.

A verdade é que todos son moi creativos e todos suxiren cousas que nos fan pensar...
Estes carteis os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO, confeccionáronos no marco do Proxecto Interdisciplinar, esa nova materia que estrean este curso.
Os de 1º A fano sobre o tema «AUGA», os de 1º B sobre o tema «RECICLAXE» e os de 1º C sobre o tema «MUNDO SUSTENTABLE»
Aquí vai unha frase de Albert Einstein que nos fai reflexionar sobre algo que é fundamental para a vida:

«El mundo que hasta este momento hemos creado como resultado de nuestra forma de pensar tiene problemas que no pueden ser resueltos pensando del modo en que pensábamos cuando los creamos»

miércoles, 27 de febrero de 2008

GUÍA DE RECUROS DO C.N.I.C.E.


Este é un portal do
Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) con moitos recursos para profesores, alumnos e pais.

Os recursos están distribuídos por materias e por colectivos da Comunidade Educativa. Pulsa na imaxe para acceder.