sábado, 1 de noviembre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
24 de outubro. Día internacional das bibliotecas
A nosa biblioteca aproveitou esta data, e o cartel editado este curso pola Consellería para estimular a lectura matemática entre o noso alumnado e para dar a coñecer á comunidade educativa o noso proxecto anual en formato blogue: Matemáxicas.
Biblioteca e Matemáticas propoñen actividades lúdicas relacionadas con esta materia: campionatos de Masterd Mind e resolución de enigmas con concursos para todo o alumnado.
Etiquetas:
biblioteca,
ies carlos casares de vigo,
matemáticas
jueves, 16 de octubre de 2014
EXPOSICIÓN SOBRE O PENSAMENTO DIVERXENTE
Pero que é o pensamento diverxente e por que Piquico (responsable da exposición e profe de Plástica) insiste tanto nel?...
Os distintos "modos de pensar"son creados ao longo da nosa propia historia. A través das experiencias e situacións que tivemos que superar, dos saberes adquiridos na vida cotiá, incluso as actividades de ocio contribúen a desenvolver os nosos modos de pensar.
O soporte para o desenvolvemento das competencias básicas baséase nas formas de pensamento: reflexivo, analítico, lóxico, crítico, sistemático, analóxico, creativo, deliberativo e práctico e as tarefas que realiza o noso alumnado identifícanse con un ou varios tipos de pensamento.
O pensamento creativo (diverxente) é quen mantén aberta a nosa mente a novas ideas.. Na materia de Educación Plástica queremos mellorar o uso e comprensión do pensamento creativo porque abre novas portas, permitendo ampliar o posible.
O pensamento creativo hai que traballalo... lembremos a célebre frase de Picasso: " que a inspiración me encontre traballando...".
Etiquetas:
divergente,
ies carlos casares,
Pensamiento creativo,
plástica
martes, 23 de septiembre de 2014
Nous voilà en Classe Verte!
O alumnado de 2º da ESO, acompañado polas profesoras Mercedes e Almudena está facendo unha inmersión lingüística en francés. Están no Palacio de Garaña, no concello de Llanes (Asturias). No seguinte enlace podedes atopar as primeiras instantáneas. Seguiremos informando...
https://laclassevertesygeducacion.wordpress.com/
https://laclassevertesygeducacion.wordpress.com/
Etiquetas:
francés,
ies carlos casares de vigo,
inmersión lingüística
martes, 29 de julio de 2014
Estreamos muro
As obras de arte deben adquirir autonomía, evolucionar e transformarse no tempo á par da percepción do espectador que as contempla.
A arte contemporánea está moi unida á sociedade, é fugaz, necesita ser percibida rapidamente.
Espontáneas, activas e fugaces son a arte urbana e a arte da cultura xaponesa. O alumnado de 4º de ESO de Plástica, con Sara á cabeza, fai unha homenaxe a Banksy como o artista que mellor engloba a esencia do street art e colocan a súa figura anónima deixando a súa pegada no noso muro.
Irónico e crítico, Banksy quizais pasou de ser un artista de culto a un artista de moda pero na materia de Plástica interésanos o seu estudo como máximo expoñente da arte urbana. Realizaron a figura do graffiteiro con plantilla (ao xeito das súas primeiras obras) e as demais a man alzada segundo o estilo de Sara (amante do Manga). Como dixo Picasso "os grandes artistas copian, os xenios rouban" e Banksy parafrasea nunha das súas obras "os malos artistas imitan, os grandes artistas rouban". Rouban, inspíranse, customizan... para crear novas obras.
Etiquetas:
Graffiti,
ies carlos casares,
muro
O Súper Perrrari no noso centro
A mediados de xuño o alumnado de plástica de 4º, con Isaac e Ramón á cabeza inmortalizaron no noso aparcadoiro o coche máis rápido dos autos locos (que nunca gañou ningunha carreira porque Pierre Nondouunha preocupábase demasiado por preparar trapelas para os outros participantes) e a Patán de vixiante do centro.
Etiquetas:
educación plástica e visual,
Graffiti,
ies carlos casares,
muro
lunes, 28 de julio de 2014
NORABOA DE NOVO, RAÚL!!! NUNCA TAL VIMOS NO NOSO INSTITUTO!!!
O noso alumno RAÚL ALONSO (2º BACH), acaba de conseguir hai uns días unha MEDALLA DE BRONCE na OLIMPIADA MUNDIAL DE MATEMÁTICAS, celebrada este ano en Cidade do Cabo, República de Sudáfrica.
Isto é un non parar! Cantas veces tivemos que lle dar a noraboa a RAÚL? Innúmeras veces... A verdade, algúns levamos case desde que abriu as súas portas o noso instituto e nunca tal vimos... Non lembro alumno tan completo, como alumno e como persoa, por moito que soe a frase feita; e non o digo por dicir, foi alumno meu...
Etiquetas:
excelencia educativa,
ies carlos casares de vigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

