miércoles, 18 de febrero de 2015
sábado, 7 de febrero de 2015
Os Primeiros da ESO inmersos en Clases sen fume
Como todos os anos, 1º da ESO está a participar no proxecto "Clases sen fume" dentro do Plan Proxecta da Consellería.
Xa fixeron a primeira actividade, cada grupo, o seu lema, traballando nas clases de lingua galega, e como novidade, en francés e ilustrándoo nas clases de plástica.
Tamén recibiron as amenas explicacións de Victoria, da Consellería de Sanidade.
Agora a seguir traballando cara á actividade creativa...
PAZ ILUSTRADA. 30 de xaneiro día da paz e da ilustración
José Saramago ilustrado por Daniel Paz
Nestes días de dó por uns ilustradores
(Charlie Hebdo) cuxa
lóxica tarefa consistía en tomar a relixión e o poder a xolda, o departamento de debuxo quere aproveitar este día dedicado á Paz e á
Ilustración a recordalos do xeito que sabemos facer: debuxando e insistindo ao noso alumnado en
perseverar e crer en si mesmos para conseguir que o traballo que nos apaixona se converta no noso modo de vida.
Como escribiu Rushdie, "As relixións, como todas as ideas, merecen a crítica, a sátira e, si, a nosa falta de respecto sen medo".
Etiquetas:
atención educativa,
conmemoracións,
día da ilustración,
Día dapaz
sábado, 24 de enero de 2015
Seis alumnas do noso IES en InvestigArte
Por incrible que pareza, ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares, ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.
Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir -por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías- producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensacións… Á súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.
O coñecemento da anatomía humana e as proporcións foi fundamental para dar lugar a obras como o David ou a Monalisa. Imaxinar que o home podería pór o pé na lúa -dalgunha forma- foi o primeiro paso para facer que isto fose posible.
Ciencia e arte poden chegar a ter principios comúns como poden ser a proporción áurea ou a secuencia de Fibonacci.
O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas disciplinas.
Aixa, Ana López e Sira de 1º ESO C e Claudia, Julia e Ruth de 2º ESO C presentaron as súas obras neste certame que pretende espertar entre o alumnado vocacións científicas dando unha visión artística da ciencia.
No seguinte enlace podedes ver as ilustracións e votar a que máis vos guste activando o corazón baixo a imaxe, na parte esquerda.
Sorte a todas!
miércoles, 24 de diciembre de 2014
CARLA de 2ºA recolle o premio Convida a Andersen na Cidade da Cultura
Onte, 23 de decembro, Carla Rodríguez Pérez recibiu os seus primeiros e anticipados agasallos de Nadal da man do secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo e do presidente de Gálix(Asociación galega do Libro Infantil e Xuvenil).
No acto deuse a coñecer o libro Choven palabras no futuro que conmemora os 25 anos de Gálix. Na súa creación participaron 25 autores e autoras relevantes na nosa literatura infantil e xuvenil como Xosé A. Perozo, Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Marilar Aleixandre, María Solar, Antonio Seijas, Anxo Fariña ou Antonio Manuel Fraga Allegue.
Etiquetas:
gálix,
invita a andersen,
libro infanti e xuvenil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)
