A nosa profesora BEATRIZ estivo preparando desde o comezo de curso uns contos para seren interpretados polo alumnado de 2º ESO e mais dúas alumnas de 3º ESO A. Prepararon non só a interpretación dos contos senón tamén toda a vestimenta, decorados e demais parafernalia para as representacións. Arduo labor que tivo a súa recompensa cos calorosos aplausos do público infantil e mais do seu profesorado.
Durante os días 25 e 26 de abril, e con motivo do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, fixeron representacións de 10 contos infantís nalgúns colexios de Primaria adscritos ao noso centro:
CARBALLAL-CABRAL,
CHANS-BEMBRIVE,
SANTA MARIÑA
IGREXA-CANDEÁN
Os contos representados foron:
- A ratiña presumida
- Croco
- O coelliño branco
- Lobo feroz
- Cocorico
- Sacapenas
- Chibos chibóns
- O gato traganoces
- A tartaruga que quería durmir
- A que sabe a lúa
Esta actividade foi todo un éxito e os nenos e nenas dos distintos colexios reloucaban cos nosos xa afamados actores e actrices consagrados.
NORABOA, Bea e NORABOA tamén a todo o alumnado que participou nesta laboriosa actividade.
1 comentario:
Encantoume ir a esta actividade ademais, os nenos parecían estar encantados, e moi contentos. E gustoume moito o agasallo que nos fixeron coas fotos. De verdade, encantoume.
Publicar un comentario