martes, 7 de mayo de 2013
OS 3º DE ESO EN GANDARÍO
O pasado mes de marzo, o alumnado de 3º ESO fomos a Gandarío para explorar una nova terra e novas técnicas de marisqueo. Partimos o día 18 do instituto e chegamos alí arredor das 11:00 da mañá. Alí, o primeiro que fixemos foron xogos cos monitores para que eles puidesen aprender os nosos nomes; foi moi divertido. Logo de xantar sempre tiñamos un tempiño libre. Organizámonos en grupos de sete e embarcámonos xa nun traxecto en barco de vela. Pasamos moitas aventuras e peripecias e aprendimos tamén a coñecer os barcos, as súas partes e, por suposto, a navegar co temón do veleiro. Resultou realmente fascinante esta actividade, Logo de cear faciamos xogos interesantes. Fixemos tamén unha camiñada ata Sada, onde fomos espectadores dunha poxa de peixe na lonxa. Fixemos tamén xogos tradicionais e andamos á procura do tesouro cun compás. Foi una excursión marabillosa e aprendimos moitas cousas.
ALBA COBO (3º ESO B)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario