O GRUPO DA BIBLIOTECA presentou o pasado 25 de maio, DÍA INTERNACIONAL DE ÁFRICA, unha exposición que contén unha escolma da mellor poesía africana de amor de todos os tempos.
Foi o alumnado dos 4os. da ESO, coordinados fundamentalmente pola nosa profesora de Galego ESTHER o que buscou, profundou e traballou arreo para acadar o resultado que podedes ver no mural de exposición da Biblioteca: unha excelente e coidada selección de poemas de amor das distintas literaturas africanas.
Agradecemos desde aquí tamén á CASA ÁFRICA de Las Palmas de Gran Canaria, e en especial a ESTEFANÍA CALCINES, a súa inestimable axuda e colaboración para poder realizar este traballo, polo seu tempo dedicado a nos fornecer información, poemas, escolmas, traducións e polos seus ánimos e ideas. Eles tamén nos citan na súa páxina web: picade neste enlace para entrar na web da CASA ÁFRICA:
http://www.casafrica.es/agenda_europa_africa.jsp?DS26.PROID=733564
http://www.casafrica.es/agenda_europa_africa.jsp?DS26.PROID=733564
No hay comentarios:
Publicar un comentario