Dentro do PLAN PROXECTA, o noso alumnado estivo inmerso no PROGRAMA SALVAVIDAS, unha campaña de concienciación para a DOAZÓN DE ÓRGANOS. Dentro deste programa xa demos conta neste blogue doutras actividades levadas a cabo no centro, como a charla que viñeron dar aos 3os. ESO unha médica e mais unha persoa a quen se lle transplantara un órgano doado, e mais a elaboración dun graffiti no muro dos campos de deporte, ante o cal bailaron o rap algunhas alumnas e alumnos de 3º ESO, actividade da que a seguir damos conta.
O noso alumnado de 3º ESO creou letras para un rap co tema da doazón de órganos. Para a creación das letras interveu todo o alumnado dos 3os. ESO, pero unha vez rematada esta primeira fase, dez alumnas e alumnos voluntarios, procuraron bases musicais de rap ou de hip-hop que se adaptasen á letra seleccionada.
O alumnado do grupo de rap foi:
IRENE e SANDRA, de 3º A; ANTÍA, ALBA COBO, PAULA e PABLO, de 3º B; e CARLA, ISAAC, NICOLÁS e ALBA, de 3º C.
Ensaiaron para gravar primeiro o audio e logo prepararon a coreografía para gravar e fotografar posteriormente a escenificación do rap.
No hay comentarios:
Publicar un comentario