lunes, 1 de diciembre de 2008

LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE


LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE
ANTIGO PROFESOR DO NOSO CENTRO


Na mañanciña do 11 de outubro faleceu no hospital de Bellvitge, en Barcelona, o escritor Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957), un dos poetas máis significativos das letras galegas contemporáneas. Dende o 23 de setembro estaba internado na devandita
institución hospitalaria, loitando contra unha longa enfermidade.
“Perdemos un amigo, mais tamén unha das figuras máis sobranceiras da literatura galega do noso tempo”, comentou César Antonio Molina, ministro de Cultura.

RAMIRO FONTE deuse a coñecer como poeta no colectivo Cravo Fondo, a finais dos anos setenta, e participou na fundación da revista Dorna. En 1983 publicou o seu primeiro libro As cidades da nada. Outros títulos significativos seus foron Pensar a tempestade (1986), O cazador de libros (1997), Capitán Inverno (1999)... En 1984 recibira o Premio da Crítica de Galicia e o Premio Losada Diéguez (Designium), e en 1988 o Premio da Crítica española polo libro Pasa un segredo. Con Mínima moralidade foi recoñecido en 1988 co Premio González Garcés, e en 1991 obtivo o Premio Esquío polo seu poemario Adeus norte.
A súa obra foi rica e extensa: doce títulos de poesía, oito libros de narrativa e ensaios. A súa triloxía Vidas da infancia propón un percorrido polo seu tempo e a súa xeración, páxinas cheas de evocación, sentido literario e esixencia poética. Tamén foi editor de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel e Ramón Cabanillas. Era membro correspondente da Real Academia Galega. Desde o 2005 viña desempeñando o posto de director do Instituto Cervantes en Lisboa.

Máis sobre esta noticia.

lunes, 10 de noviembre de 2008

FESTA DE SAMAGOSTÍN 2008

O pasado 31 de outubro, venres, celebrouse no noso centro a festa do SAMAGOSTÍN. Supoño que a estas alturas, sendo como é xa a segunda edición da festa, saberedes todas e todos que esta festa é un invento do noso centro para celebrar conxuntamente as festas tradicionais do MAGOSTO e mais a do SAMAÍN, festa tradicional tamén galega, de orixe celta, que se celebra en moitos lugares da nosa Galiza e que estamos intentando recuperar.

Pois ben, houbo moito medo, aínda que podería haber moitísimo máis. Como o Samaín ten que ver non só coas cabazas, senón tamén cos mortos, pois houbo cabazas e houbo mortos viventes, como podedes comprobar nesa escolma de fotografías que testemuñan ese evento.

O gañador do concurso das cabazas foi: Rubén Gago González de 1º B

E os tres gañadores do concurso de disfraces de Samaín foron:

1º Premio: Teresa García González (3º A)

2º Premio: Laura Carpintero e Celia Alonso (1º B)

3º Premio: Os enterradores (Sara, Sandra, Paula e Carla de 4ºA).


Claro está, como tamén celebrabamos o magosto, houbo castañas asadas, pero houbo tamén galdrumadas, confeites, tortas, tortillas (uhhh!) e de todo un pouco para amenizar os bandullos festeiros e para axudar a varios cursos nas distintas excursións que están organizando: os de 1º de Bacharelato, os de 4º da ESO e mais os de 2º da ESO tamén.


Todo isto foi amenizado con música, con desfiles de disfraces, con presentación de cabazas… en fin, unha fermosa festa que esperamos que ano a ano vaia gañando máis participantes en disfraces terroríficos e en cabazas o máis orixinais e artísticas posibles.

viernes, 26 de septiembre de 2008

A nosa REVISTA




Eiquí imos incluír a nosa revista «MANDA CARALLO» que se edita anualmente e na que se compendia todo un resumo da nosa vida no Instituto e de traballos de moi alto nivel por parte do noso alumnado. A última é o número 18, do curso 2007-2008 e este é o Sumario:

"Pincha" en cada un e levarate á revista


SABÍAS QUE... 1 2 3 4
ESCRIBINDO 1 2 3

viernes, 20 de junio de 2008

AVENTURA EN CANGAS DE ONIS

Co premio do SERGAS os alumnos foron premiados con unha saída, eles quixeron facer actividades de multiaventura e alí fomos. As fotos están por orden, primeiro metímonos na cova, despois descargaron adrenalina xogando ó paintball, remamos polo Sella, treparon no rocódromo e afinaron a súa puntería co arco. O seu comportamento e respecto ás normas foi perfecto e pasámolo moi ben. Marcelino, o noso conductor estivo sempre ó noso carón (aínda que non puido meterse na funda de paintball).

domingo, 15 de junio de 2008

MAIS PREMIOS DE PINTURA!!!





5º CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA


Celebrouse o concurso de pintura rápida ó aire libre organizado por El Corte Inglés e a
Asociación Xuvenil Areas. O tema a pintar foi a Praza de Compostela e o noso centro obtuvo o premio á mellor labor de conxunto. Nove alumnos e alumnas de 2º de la ESO (Carlota, María
José, Natalia, Teresa, Adrián, André, Marcial, Ricardo e Yago
) e Carla de 3ºA fixeron posible éste premio despois de pasar unha agradable mañá de sábado pintando cada un coa súa técnica favorita. Máis información e foto da entrega de premios en http://www.vigometropolitano.com/news/201/ARTICLE/8336/2008-06-14.html.


Naroboa outra vez máis...

martes, 10 de junio de 2008

PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO E LEMAS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES




Unha alumna do Instituto Carlos Casares de Vigo ven de levar o primeiro premio de debuxo e lemas para fomentar entre os escolares o coñecemento da doación e transplantes de órganos convocado polo SERGAS e a Consellería de Educación. A galardonada é Silvia Rodríguez Estévez de 2º de ESO C. Máis información e os traballos ganadores na páxina do SERGAS
Noraboa a Silvia e a todos os que participástedes neste
concurso.
Os vosos traballos parécennos de moi boa calidade e o premio moi merecido. Esperamos que sigades levando premios nesta e noutras actividades.

domingo, 8 de junio de 2008

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO










Vanse os alumnos de 2º de Bacharelato... estiveron algúns anos con nos (algúns ata 6 anos) e con eles pasamos momentos bós e momentos de máis estrés: exames... pero sempre gardaremos un bó recordo da vosa estancia no Instituto.



Agora agárdavos unha nova etapa. Estudios universitarios, ciclos superiores... traballo.

O noso desexo é que vos vaia ben e que teñades éxito en todo aquelo que vos propoñades.

Merecédelo.

Ata sempre: vos xa sabedes onde estamos e que podedes contar con todos nos.