martes, 26 de marzo de 2013

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

A BIBLIOTECA do noso centro organiza este curso escolar un CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO. Estamos anotados no citado club un total de dezaseis profesoras e profesores. Comezamos timidamente enviando un correo para recibirmos suxestións por parte dos membros do citado club de obras para a nosa primeira lectura. A primeira obra escollida é unha tradución do inglés americano ao castelán:




sábado, 23 de marzo de 2013

viernes, 22 de marzo de 2013

ANALIZANDO A COMPOSICIÓN E A DISTRIBUCIÓN DA MATOGUEIRA E DO ESTRATO ARBÓREO


INTRODUCIÓN
 
Nunha sociedade en continuo cambio, como a que nos tocou vivir, deixamos de abraiarnos polos avances da ciencia e da tecnoloxía.




A estatística desempeñou un papel primordial neste desenvolvemento, ao proporcionar ferramentas metodolóxicas xerais para analizar a variabilidade, determinar relacións entre variables, deseñar de forma óptima experimentos e mellorar as predicións e a toma de decisións en situacións de incerteza.

O razoamento estatístico é un compoñente esencial da aprendizaxe.

Trataremos os seguintes contidos matemáticos aplicados ao noso proxecto:

- Frecuencias absolutas e relativas, ordinarias e acumuladas.

- Diagramas estatísticos. Análise dos aspectos máis salientables dos gráficos.

- Medidas de centralización: media, mediana e moda. Utilización da media, a mediana e mais a moda para realizar comparacións e valoracións. Utilización da folla de cálculo para organizar os datos, realizar os cálculos e xerar os gráficos máis adecuados.

As variables estatísticas obxecto do estudo serán:

a) O número de fentos, toxos, árbores e arbustos por metro cadrado.
b) As alturas e áreas basais de árbores da contorna.



Medicións a realizar para recoller datos

1. Medición da altura dunha árbore

 Método do xardineiro

1.   Colocarse a unha distancia coñecida do obxecto cuxa altura H se quere medir, neste caso a árbore.   Chamamos D a esa distancia.

2.   Estender o brazo mentres se sostén unha regra verticalmente á altura dos ollos. Chamamos d á distancia entre a man e o ollo.

3.  Pechar un dos ollos e determinar co outro a cantos centímetros da regra corresponde a altura da árbore. A esa lonxitude medida na regra denominámola h.
Por semellanza de triángulos obtense que H/h = D/d. Desta relación obtense que a altura da árbore é:

                                H = h.(D/d)


 
 
 
 

ROSA GÓMEZ


Velaquí as fotos que se tomaron na realización desta actividade:




Grupo de alumnas medindo a distancia do pao ao ollo



Buscando a distancia adecuada para que a imaxe do pao solape
perfectamente a imaxe da árbore







TRANSFORMANDO E MELLORANDO A NOSA PAISAXE

PLAN PROXECTA.
12 MESES, 12 PAISAXES

Unha vez rematada a adecuación do noiro do que xa falabamos nun post anterior, o alumnado de 2º ESO A, dividido en grupos de cinco, apadriñou unha zona da nosa finca e elaborou un boceto de como lle gustaría que quedase a súa parcela. No terceiro trimestre poñerémonos mans á obra sobre o terreo. De momento, velaquí tedes neste vídeo un dos traballos sobre o papel do traballo que teñen proxectado realizar.

ALMUDENA LACOMBA MARURI

domingo, 3 de marzo de 2013

miércoles, 13 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013 NO CARLOS CASARES

 PREMIOS ENTROIDO 2013

INDIVIDUAL:
O ANANO: MANUEL LISTE REIRIZ (1º BACH E)

COMPARSAS (PREMIO EX AEQUO):
- SUS PERIFRÁSTICAS MAJESTADES:
    - MARTÍN, JESÚS, FABIÁN, CARLOS e FARALDO (4º ESO)
- PHINEAS Y FERB:
   - CRISTINA, SARA I., ANIANA, CARMEN, CARLA, ALBA B.  e NATALIA (3º ESO)

PREMIO ESPECIAL DO XURADO E DO PROFESORADO PRESENTE:
YAGO GUIRADO (2º BACH):
POLA SÚA ENTREGA E COLABORACIÓN EN TODOS OS FESTIVAIS E POLO SEU PASO POLO NOSO INSTITUTO, SEMPRE COLABORANDO E CO SEU INIMITABLE E DESTERNILLANTE HUMOR